1.- EMPRESA ORGANIZADORA DO SORTEO
A Comunidade de Propietarios Centro Comercial Área Central (Área Central) organiza o sorteo (en diante, “o Sorteo”) de ámbito galego, a desenvolver a través de Instagram de acordo co disposto no apartado requisitos de participación.
ÁREA CENTRAL, en colaboración con Labadía de Petramora, sorteará 3 lotes de produtos da propia queixería desta última, os cales conteñen: queixo fresco, iogur natural e iogur de arándanos.
2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
O sorteo iniciarase o día 15 de maio de 2023 e finalizará o luns 22 de maio de 2023 ás 10:00 horas na rede social de Instagram.
3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DO SORTEO
-Requisitos
Os sorteo desenvolverase a nivel local (ámbito galego). Poden participar no Sorteo todas as persoas físicas que sexan maiores de 18 anos e que seguiran os pasos correctamente.
Os Participantes só poderán participar cun único perfil de Instagram. Se se detecta que un Participante participa con varios perfís será descualificado. Só se admitirá unha participación por perfil.
O perfil de Instagram debe ser real: non debe conter unha identidade falsa, segundo criterio e valoración das empresas organizadoras.
Non se aceptarán en ningún caso palabras mal soantes, faltas de respecto a terceiros, contido indecoroso e que se considere non axeitado por danar o bo fin do sorteo.
-Mecánica
– Os participantes deberán seguir os perfís de @areacentralcc e o de @petra_mora en Instagram.
– Dar «like» á publicación.
– Comentar a publicación mencionando (etiquetando) a dúas persoas coas que lle gustaría compartir o lote de produtos de Petramora.
4.- CONDICIÓNS DO SORTEO
Entrarán a formar parte do sorteo todos aqueles usuarios cuxa participación cumpra cos termos fixados nas presentes bases legais.
Non poderán resultar gañadores deste sorteo empregados, comerciantes ou propietarios dos establecementos comerciais que forman parte do Centro Comercial Área Central e do Provedor do premio. Só se poderá participar unha vez por perfil.
ÁREA CENTRAL nomeará aos gañadores a través dunha mención e por mensaxe privada. No caso de que o premio outorgado fose rexeitado ou algún dos participantes seleccionados non cumpran os requisitos, ÁREA CENTRAL pasará a comunicar ao suplente.
ÁREA CENTRAL resérvase o dereito de non considerar como participación aqueles nomes utilizados que sexan indecorosos, propiedade de terceiros, que conteña marcas ou elementos protexidos, uso de perfís falsos ou en xeral que contraveñan o espírito do sorteo. Neste suposto, o usuario perderá o seu dereito de participación no sorteo.
5.- PREMIOS
O premio consistirá en 3 lotes de produtos da propia queixería de Petramora e que inclúen: queixo fresco, iogur natural e iogur de arándanos. O premio, en ningún caso, poderá ser cambiado por outro produto ou polo seu valor en metálico.
6.- SELECCIÓN DOS GAÑADORES E SUPLENTES, COMUNICACIÓN E ENTREGA DO PREMIO
O luns 22 de maio de 2023 efectuarase o sorteo a través da aplicación Sortea2, onde se incorporarán os nomes dos participantes que se axustan aos requisitos para, de xeito aleatorio, escoller aos 3 gañadores. ÁREA CENTRAL porase en contacto con eles para acordar ambas partes o día de entrega do premio, que será sempre en Área Central. Se non se logra contactar con algún dos gañadores nun prazo de tres días desde o primeiro intento de contacto, ou este renunciase ao agasallo, procederase a seleccionar un novo gañador, perdendo o anterior gañador o seu dereito a reclamar o premio. Así mesmo, comunicarase o nome do gañador na páxina de Facebook @area.central e na de Instagram @areacentralcc, unha vez finalizada a promoción.
7.- DESCUALIFICACIÓNS E PENALIZACIÓNS
Si se evidenciase que calquera dos Participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude desta Promoción. ÁREA CENTRAL resérvase o dereito de declarar o sorteo deserto.
8.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros.
Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os Participantes no Sorteo, e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros Participantes.
A participación no presente Sorteo, así como a publicación dos comentarios que se realicen por parte dos Participantes nas publicacións non poderán vulnerar baixo ningún concepto as Regras comunitarias de Instagram nin as Condicións de uso de Instagram.
Se se descubrise por parte de ÁREA CENTRAL o emprego de medios fraudulentos para a participación, tales como o emprego de boots nos comentarios, o premio non lle será adxudicado.
9.-EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE
Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao Website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados. A constatación de calquera destas circunstancias durante o sorteo suporá a descualificación automática do sorteo así como a perda do premio se fora o gañador.
ÁREA CENTRAL e PETRAMORA quedan eximidas de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impida a súa identificación.
ÁREA CENTRAL e PETRAMORA resérvanse o dereito a emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do sorteo.
ÁREA CENTRAL e PETRAMORA exclúen calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios poidan atribuír aos mesmos, e en particular, aínda non de xeito exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.
ÁREA CENTRAL e PETRAMORA resérvanse o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do sorteo cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo no xeito e forma que recollen as presentes bases.
ÁREA CENTRAL e PETRAMORA resérvanse o dereito a aprazar ou ampliar o período do sorteo, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.
Exímese a ÁREA CENTRAL e PETRAMORA de calquera responsabilidade no caso de que xurda algunha incidencia que poida evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado. Así mesmo, exímese a ÁREA CENTRAL de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan ocasionarse durante o desfrute do premio.
10.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD. Responsable do tratamento: COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL
CIF: H15431273
Enderezo: Edificio Área Central de Fontiñas, soto 1-Local A4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981560845
Correo electrónico: marketing@áreacentral.es
Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal recadados para a participación no sorteo: “3 lotes de produtos da propia queixería de Labadía de Petramora con Área Central”
Lexitimación: Consentimento do interesado.
Conservación dos datos: Os datos que vostede nos teña facilitado destruiranse unha vez transcorrido o prazo de seis meses desde a finalización do sorteo, salvo os do gañador que poderán utilizarse conforme ó establecido no apartado seis das bases.
Destinatarios: Cederanse datos a Instagram conforme á súa política de privacidade.
Transferencias Internacionais de datos: Non se realizarán transferencias internacionais de datos.
Dereitos do interesado:
– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.
– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa no sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ó esquecemento.
– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.
– Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos más aló da mera conservación dos mesmos.
– Potabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.
Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo e dirixila á dirección anteriormente citada. Así mesmo, poñemos a súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións.
Para máis información: www.agpd.es
Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que no se teñan respectados os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6 – 28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es
En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.
11.- CAMBIOS E ACEPTACIÓN
Reservámonos o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos dos Participantes na Promoción. O mero feito de participar no sorteo implica que o Participante acepta totalmente as condicións destas Bases Legais. Así mesmo, a participación nun sorteo desta natureza supón a aceptación das normas da rede social Instagram a través do cal se desenvolve o mesmo.
Nin Facebook nin Instagram patrocinan, avalan, administran de modo algún esta promoción, nin están asociados a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información a ÁREA CENTRAL e non a Instagram. A información que proporcione empregarase para xestionar a participación do concursante e para comunicarlle o premio.
12.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
Estas bases legais rexeranse de conformidade coa lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese exporse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.
13.- ACEPTACIÓN DAS BASES
A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia disto, AREA CENTRAL e PETRAMORA quedarán liberadas do cumprimento da obriga contraída con dito participante.