Área Central acolle estes días unha mostra fotográfica da ONG Tierra de Hombres (TdH), con información sobre o traballo que leva a cabo esta entidade en Ucraína, un proxecto de axuda humanitaria financiado pola Área de Cooperación da Xunta de Galicia.
Descubre como podes axudar
Dende hai uns días, xa se pode visitar a mostra da labor da ONG na esquina amarela do noso centro comercial de Santiago. Aí atoparedes as imaxes que representan o traballo de Tierra de Hombres con información sobre como axudar nos seus proxectos.
Tras dous anos de guerra, o impacto da axuda humanitaria de Tierra de Hombres en Ucraína pódese resumir en que máis de 30.000 persoas recibiron kits de alimentos, hixiene e material; remodelación de 30 centros de acollida, capacitación de profesionais para 90 escolas e 20 albergues “childfriendly” habilitados.
Axudar a dar a coñecer as iniciativas humanitarias das diferentes entidades forman parte dos compromisos de Área Central. Polo tanto, para nós é un orgullo poder difundir esta mostra de TdH.
Na túa visita ao noso centro comercial de Santiago, non deixes de vela!