En Área Central seguimos traballando por estar máis preto de ti e en poñerte as cousas un pouquiño máis sinxelas; por iso, se ti non podes vir aos nosos espazos hostaleiros, eles poñen facilidades para que sigan desfrutando dos seus servizos.
Neste post, tes toda a información precisa para que podas almorzar, comer ou cear o que che apeteza dos locais en funcionamento dentro da nosa rúa comercial dende a comodidade da túa propia casa.
Comezamos co repaso!
Neste local podes facer un pedido para recoller tanto no propio local como por teléfono ou WhatsApp. Desfruta de cafés, infusións, chocolates, bocadillos, tortillas, sándwiches, hamburguesas ou as deliciosas arepas na túa casa.
Ademais, se tes a túa oficina aquí ou vives en Área Central, achégante o que pidas!
Horario: de 9:30 a 16:00 h. e de 19:30 a 22:00 h.
Contacto: por WhatsApp no 695618050 ou chamando ao 881127810.
Goza dos deliciosos pratos combinados de sempre, sándwiches, hamburguesas, comida tradicional ou sobremesas para recoller no local ou pídeos para que chos leven a casa na aplicación Just Eat.
Horario: de luns a sábado de 10:30 a 15:30 h.
Contacto: 981 56 04 08
Goza da túa pizza ou complementos favoritos para coller no local ou a domicilio, porque sabemos que unha boa pizza sempre é bo plan.
Horario: de luns a venres de 13:00 a 16:00 e de 19:30 a 00:00 h. e sábado e domingo de 13:00 a 16:00 y de 19:00 a 00:00 h.
Contacto: 981 56 09 09
Recolle o teu pedido de café, tortilla, bocadillos ou outras especialidades na túa cafetería favorita.
Horario: de luns a venres de 07:30 a 14:30 h. e sábados de 09:00 a 14:30 h.
Contacto: 881 08 13 52
Pasa polo local para recoller o teu pedido de café e comidas para levar.
Horario: de 10:00 a 15:30 h.
Contacto: 603 43 31 91
Degusta a mellor comida venezolana na túa casa, dispoñible para recoller no local ou a domicilio, esta última opción cun custo de 1,50 euros a maiores, sempre que o pedido sexa superior a 12 euros. O pago dos pedidos pode facerse por Bizum, TPV ou efectivo
Horario de envíos a domicilio: de 13:00 a 14:00 e de 20:00 a 21:00
Contacto: 695 08 01 75 ou a través del Instagram @elfarocaffe
Como podes ver, en Área Central sempre tes onde elixir! Apoia a hostalería de Área central, agora é cando máis o precisa. Porque lembra sempre que se as circunstancias cambian, nós adaptámonos a ti.