Saltar ao contido

Área Central

Aplica os descontos dos Bonos Activa Comercio en 22 establecementos de Área Central

  • Eventos

Mercar calidade e a moi bo prezo está ao alcance do teu peto en Área Central. Un total de 22 establecementos poñen á túa disposición os interesantes descontos dos Bonos Activa Comercio. Trátase dunha campaña impulsada pola Xunta de Galicia a través da cal podes conseguir rebaixas de entre 5 e 10 euros no prezo dos artigos que merques en calquera dos negocios adheridos a esta iniciativa de dinamización do comercio de proximidade.

No caso concreto de Área Central, poderás utilizar os Bonos Activa Comercio nos seguintes establecementos: Ablaíña, Anuska Vilas, Área Informática, Área Mueble, Atmósfera Sport: Centro Deportivo, Beva Peluquería, Caraco, Garrote, Herbolario Aloya, Hilar Fino, INK Factory, La Caja de Pandora, Librería Escolma, Lucola Best Nutrition, María García, Mercería Carmen, O Telar, Óptica Val, Pantalla Rota, Papelería Baba, Pauta Música e Veguay. Como podes ver, a oferta é do máis ampla e variada: dende artigos de primeira necesidade a distinto tipo de servizos.

COMO ADQUIRIR OS BONOS?

Se queres aplicar os Bonos Activa Comercio en Área Central, pero aínda non dispós deles, só tés que seguir unha serie de sinxelos pasos. Accede á web www.bonosactivacomercio.gal e formaliza o teu rexistro.

Unha vez completada esta acción, poderás descargar os bonos de desconto de 30 euros a través dunha aplicación móbil. Esta cantidade irase aplicando nas distintas compras que vaias facendo. Así, poderase aplicar un desconto de 5 euros en mercas superiores a 30 euros, mentres que a contía ascenderá aos 10 euros no caso de contías iguais ou superiores aos 50 euros.

COMO SE APLICAN?

Moi sinxelo! Garda no teu móbil o código QR de desconto. Achégate a algún dos establecementos de Área Central que che indicamos con anterioridade e escolle o artigo ou servizo que queres adquirir. Cando vaias realizar o abono, só tés que amosar o devandito código á persoa que che atenda para que poida formalizar a aplicación dos descontos de 5 ou 10 euros na túa compra. Lembra que tés un máximo de 3 meses para canxear os Bonos Activa Comercio.

Non o dubides! Achégate a Área Central que aproveita as vantaxes destes descontos nos nosos establecementos!