Saltar ao contido

Área Central

A Ludoteca de Área Central continúa en xuño

A ludoteca de Área Central continúa en xuño cargada de actividades para que os peques desfruten mentres ti podes facer os teus recados. Como é habitual, este mes de xuño o noso centro comercial de Santiago contará con catro sesións: dúas da temática Creativos e dúas de Cociña. A primeira, con zona de xogos de mesa, futbolín e manualidades; e a segunda, para que desfruten realizando receitas dun xeito divertido.

A ludoteca está pensada para que todas as persoas aproveiten o tempo como queren. Os peques xogan, interactúan, aprenden e fan amigos capitaneados polo noso monitorado e os maiores dispoñedes dunha hora para os vosos recados: mirar roupa e agasallos, tomar un café, facer a compra…

Deste xeito, a ludoteca do mes de xuño de Área Central será:

  • Os sábados 3 e 10 de xuñoLudoteca Creativos no espazo pechado da esquina azul. Esta zona dividímola en dúas partes. A primeira de 0 a 3 anos, con xogos e onde é preciso o acompañamento dun adulto. A outra para maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto), con xogos e obradoiros súper chulos. A sesión do sábado 10 coincidirá coa celebración da segunda edición da nosa Tattoo Expo Santiago. 
  • Os sábados 17 e 24 de xuñoLudoteca Cociña na nosa cociña da esquina vermella. Espertámoslle a curiosidade por cociñar aos pequenos chefs. Esta actividade está pensada para nenos e nenas maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto) que queiran aprender a elaborar algunha receita.

Todas as sesións da ludoteca de Área Central son dunha hora en horario de 18:00h. a 20:00h.  Xa sabedes que é recomendable facer a reserva da praza para asegurar o sitio. Nesta ligazón xa podes facelo para non perderte as nosas sesións de xuño.

En Área Central axudamos a aproveitar o sábado ao máximo. Mentres os maiores realizades as vosas compras, os peques quedan atendidos, gozando e aprendendo. Agardámoste!