Os días 30 e 31 de maio chega ao Outlet Área Central o mercado circular de O Tinglado, unha iniciativa da Xunta de Galicia que impulsa o consumo responsable e sostible, a reutilización e a segunda vida dos produtos.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático promove unha nova edición de O Tinglado e escolle Área Central para celebrar a súa edición de Santiago de Compostela. Anteriormente celebrouse en Vigo, Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Valdoviño.
Segunda vida de roupa, libros, xoguetes ou decoración
Remata o mes de maio visitando Área Central e descubrindo O Tinglado, o mercado circular entre particulares que promove unha forma de consumo máis responsable e sostible. Roupa, libros, xoguetes, decoración, etc.; un total de 80 expositores de particulares agárdante o sábado e o domingo.
O teu outlet de Santiago de Compostela convertirase no punto de encontro para quen queira mercar e vender artigos de particulares en bo estado. Así, dáremoslles unha nova vida a eses produtos usados que se atopan en perfectas condicións de uso. Trátase dunha iniciativa da Xunta de Galicia que apoia unha fórmula alternativa de consumo que minimiza a xeración de residuos.
Un mercado con 80 expositores cada día
O Tinglado contará con 80 expositores cada día. O evento estará aberto ao público os dous días, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Ven desfrutar dun fin de semana diferente en Área Central, descubre produtos únicos e súmate a unha forma de consumo máis respetuosa coa natureza.
Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta web. E se non queres perderte nada de Área Central, séguenos en Instagram e Facebook.
