No Outlet Área Central pechamos a primera edición de O Paseo do Tapeo con moi bo sabor de boca. Durante varias semanas, do 6 ao 24 de maio, invitámoste a percorrer os nosos locais de restauración, probar as súas propostas e participar nesta ruta gastronómica pensada para desfrutar, descubrir novos sabores e poñer en valor a hostalaría de Área Central.
A acollida non puido ser máis positiva. Ao longo do evento fostes moitas as persoas que vos animastes a completar o voso Pasaporte do Sabor, votar polas tapas favoritas e formar parte desta experiencia.
Nesta primeira edición participaron nove establecementos do Outlet Área Central, cun total de quince elaboracións doces e salgadas. Todas elas foron valoradas tanto polo público como por un xurado profesional formado por Carmen Albo, de Guisándome la vida; Juan Permuy, de El hambre con las ganas de beber; e Antonio González, propietario de Charcuterías Seco.
Estas son as tapas gañadoras de O Paseo do Tapeo
Tras o reconto das puntuacións, podemos anunciar os gañadores do concurso:
O premio á Mellor Tapa, otorgado polo xurado profesional, foi para La Cuca Brunch, coa súa proposta Mini Wafle Área Central.
Ademáis, o xurado profesional concedeu as siguientes mencións especiais:
- Orixinalidade e Presentación: La Cuca Brunch, por Mini Wafle Área Central.
- Sabor: El Dieciocho, por El de Panceta.
Pola súa parte, o público elixiu como Tapa Máis Popular a proposta Pollo Buldac, de Damta Numaru.
Dende o Outlet Área Central queremos dar as grazas a todos os establecementos participantes: Adriel´s Mi dulce secreto, Atahualpa Tasty Cuisine, Damta Numaru, El Dieciocho, El Faro Café, El Rincón de Jan, Gasthof, Kassem e La Cuca Brunch.
E, por suposto, grazas tamén a ti por participar, probar, votar e axudarnos a converter esta primeira edición de O Paseo do Tapeo nunha proposta chea de sabor, ambiente e participación.
Coa publicación dos resultados poñemos o broche final a esta edición, pero seguimos traballando para impulsar novas accións que te inviten a desfrutar do Outlet Área Central dunha forma diferente.
Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta web. E se non queres perderte nada de Área Central, séguenos en Instagram e Facebook.
