O Outlet Área Central celebra esta semana unha actividade lúdica que xa é un clásico e que quere apelar á solidariedade: zumba solidaria. este sábado 26 con Dreamfit Santiago e Área Central.
Dreamfit Santiago, a AECC e o Outlet Área Central fan un chamamento para participar nesta actividade. Ten como obxectivo recadar fondos para a investigación do cancro de mama. A iniciativa estará dirixida polo monitorado de Dreamfit Santiago e a participación está aberta a todas as persoas que queiran unirse.
Stand informativo da AECC
A cita será este sábado 26, en horario de 17.00 a 18.30 horas. Hora e media no que se xuntarán as ganas de facer exercicio, de pasalo ben e tamén de colaborar. A actividade terá lugar no escenario que xa está instalado na esquina azul de Área Central. Pola súa banda, a AECC disporá dun stand coa venda de merchandising e unha hucha para recadar fondos.
Ludoteca, todos os sábados
A sesión de zumba solidaria deste sábado en Área Central forma parte do programa de actividades periódicas que podes desfrutar nas nosas instalacións. Lembra que para o público familiar contas co noso servizo de ludoteca. Funciona todos os sábados, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Recomendamos reservar praza a través deste enlace.