Saltar ao contido

Área Central

Xogamos xuntos, actividades para cativos da man de Vivo Eventos os tres primeiros sábados de novembro

  • Eventos

Aínda que a celebración do noso 28 aniversario rematou coa fin de outubro, en novembro continuamos coas actividades para os máis pequenos, desta vez, da man de Vivo Eventos. Así, poñemos en marcha “Xogamos Xuntos”, actividades para a rapazada organizadas por esta empresa de animación, que terán lugar en diferentes espazos de noso centro comercial os sábados 6, 13 e 20 de novembro como antesala do Nadal. Toma nota de todo o que hai preparado para que os teus cativos se divirtan coma nunca!

Inchables

Sen dúbida, unha das actividades preferidas pola cativada. Os inchables foron todo un éxito no noso aniversario e queremos repetilo novamente neste Xogamos Xuntos. Por iso, en Área Central habilitaremos unha zona para que os nenos veñan brincar con diferentes colchonetas.

Manualidades

Todos sabemos que unha tarde enteira brincando é extenuante, por iso, cando os teus pequenos queiran descansar un pouco, no Xogamos Xuntos temos unha alternativa moi divertida: os nosos obradoiros de manualidades. Neles poderán poñer en practica toda a súa creatividade coas diferentes propostas de traballos manuais que teremos preparados. Os materiais corren da nosa conta!

Taller de maxia

Outra das propostas do Xogamos Xuntos é o noso taller de maxia, que terá lugar de 18:00 a 20:00 horas. Neste obradoiro, os cativos aprenderán trucos sinxelos e sobre todo, moi divertidos, que logo poderán poñer en practica na casa, no cole ou cando vaian xogar cos amigos.

Tunéate

E se algo lle gusta ao máis pequeniños, sen dúbida iso é disfrazarse, caracterizarse e maquillarse. Por iso, no Xogamos Xuntos teremos tamén a actividade “Tunéate”, un espazo no que poderán pintarse a cara coa maquillaxe de fantasía que máis lles guste, facerse trenciñas…e moito, moito máis!

Ti tamén pensas que o Xogamos Xuntos é un planazo para os teus cativos? Pois só tes que facerte coa túa entrada no local de Vivo Eventos, situado na zona amarela de Área Central! O ticket terá un prezo de 10€ cada sábado, e servirá para acceder a todas as actividades. Non esperes máis e trae aos teus pequenos a xogar a Área Centra!