Saltar ao contido

Área Central

Xoga polo Día do Pai con Área Central e gaña premios

  • Eventos

O 19 de marzo está á volta da esquina e xa sabes o que iso significa. É momento de celebrar o Día do Pai e dicirlle o moito que o queres con algún detalle especial. No Outlet Área Central temos o que buscas. Ademais, podes xogar con nós polo Día do Pai e gañar fantásticos agasallos.

Unha comida en familia para desfrutar da nosa restauración de calidade, esa prenda especial dos establecementos do teu Outlet de Santiago, unha torta para compartir, algún aparato electrónico, produtos riquísimos das nosas tendas gourmet, etc. No Outlet Área Central tes o agasallo ideal para este 19 de marzo.

Gaña na nosa Área de promocións

Ademais, temos posto en marcha un novo xogo na nosa área de promocións. Accede a ela a través da nosa web. Despois de rexistrarte, xa podes xogar e gañar varios premios. Podes facelo ata o 19 de marzo.

Recolle na bolsa os agasallos máis divertidos que van caendo e suma puntos. A persoa que sume máis puntos, levarase unha tarxeta agasallo por valor de 100 euros para gastar no Outlet Área Central.

Se non es moi hábil co xogo, non te desanimes. Podes probar unha vez cada día que dura a promoción. Seguro que cada día collerás máis rapidez. Ademais, todas as persoas participantes no xogo entrarán nun sorteo final de 5 tarxetas agasallos por valor de 50 euros cada unha para gastar no teu Outlet de Santiago.

Podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.