A ilusión volve a Área Central! Os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 2022 o noso espazo comercial contará cunha visita moi especial. E é que os Reis Magos non podían faltar a súa cita ca cativada, así que chegarán ao noso Soño de Nadal dende Oriente para coñecer a todos os nenos e nenas que queiras achegarse a deixarlles a súa carta.
Os Reis Magos estarán na esquina vermella de Área Central en horario ininterrompido de 17:30 a 20:30 horas para atender todas as peticións. Pois seguro que os pequenos da casa teñen moito que contarlles aos tres Reis Magos.
Pero iso si, aínda que será totalmente gratuíto, aqueles cativos que queiran coñecer a Melchor, Gaspar e Baltasar deberán facer a súa reserva, ven nesta ligazón ou escaneando o QR que aparece nos carteis anunciadores. Así, os máis pequenos poderán gozar da actividade mentres se garanten as medidas hixiénico- sanitarias. Inscríbete xa para coñecelos!
A máxica visita dos Reis Magos forma parte da nosa programación especial para estas festas, pois no Soño de Nadal de Área Central propoñémosvos actividades para todos os gustos. Contamos con pista de xeo sintética, onde ademais poderedes gozar dunha gran oferta para patinar ó 50%, e temos, tamén na esquina vermella, unha decena de postos de venda de regalos e produtos de nadal que forman parte do Mercado de Nadal do Concello de Santiago.
Este nadal, non te quedes sen coñecer aos Reis Magos! Achégate a Área Central a facer as túas compras máis especiais destas datas e aproveita para acompañar aos cativos a coñecer a eses tres paxes que tanto sacan os sono na noite de Reis. Xa podes reservar!