Saltar ao contido

Área Central

Xa podes facer a túa reserva para coñecer a Papá Noel en Área Central!

  • Novas

Estamos a puntiño de comezar o mes de decembro e con el, chega o Nadal a Área Central.  Esta vez dunha maneira moi doce, co “Nadal, Doce Nadal” de Área Central. E coma sempre, contaremos cun dos personaxes máis especias destas datas.

Papá Noel chega a Área Central o xoves 1 de decembro! Dende ese día e ata o venres 23 estará en Área Central todas as tardes en horario de 17:30h a 20:30h. Poderedes achegar as vosas peticións e deixar a carta na nosa caixa de correo. Así, poderá levalas todas e poder ter todos os agasallos listos para repartilos na máxica noite do 24 de decembro.

Papá Noel estará no seu trono na esquina amarela de Área Central onde, con moito agarimo, recibirá aos peques que se acheguen a el. E, igual que o ano anterior, será preciso facer unha reserva para falar con Papá Noel, pois son moitos os cativos que queren coñecelo.

Así que bule, fai a túa RESERVA AQUÍ para coñecer a Papá Noel. Explicámosche ben como facelo:

  • Se é a primeira vez que entras na nosa páxina de reservas, debes rexistrarte e logo facer efectiva a túa cita.
  • Se xa te rexistraches o ano pasado, só tes que entrar na túa conta para reservar.
  • Cada reserva ten unha duración de cinco minutos.

Agradecemos que se fai unha reseva e finalmente non vai vir, a cancele para dar a oportunidade a outros peques.

E por suposto, se tes calquera dúbida podes contactar connosco en marketing@areacentral.es para que poidamos axudarche. Ven coñecer a Papá Noel de paso que fas as túas compras. Este Nadal agardámoste en Área Central!