Este mes de outubro o noso centro comercial cumpre nada máis e nada menos que 30 anos en Santiago de Compostela. E, despois de tanto tempo ofrecendo comercio de calidade e os mellores servizos aos nosos clientes, isto merece unha boa festa con todos vós! ?
TEMOS MOITO QUE CELEBRAR!
En Área Central queremos convidarvos a todos á nosa celebración, e é que 30 anos como centro comercial en Santiago non se cumpren todos os días. E para iso, fixemos unha programación do máis variada. Imos alá:
OUTUBRO
Venres 6, ás 19:00 h.: RUDI DUDI: CLOWNAMORADO
Sábado 7, ás 19:00 h.: ISLA LETRISKA: LETRISKA INMOBILE
E, de 18:00 a 20:00 h.: nova sesión de LUDOARTE
Venres 13, ás 19:00 h.: PETER PUNK: CHUNGO QUE TE CAGAS
Sábado 14, ás 19:00 h.: BRAIS DAS HORTAS: ZONA EN OBRAS
E, de 18:00 a 20:00 h.: nova sesión de LUDOARTE
Venres 20, ás 18:30H. MÓVETE CONTRA O CANCRO DE MAMA! Masterclass de zumba e recadación de fondos para a investigación do cancro de mama
Sábado 21, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 h.: GRAN FESTA con múltiples actividades: inchables, obradoiros de cociña e ciencia, xogos, etc.
Venres 27, ás 19:00 h.: FRAN REI: SUPERHEROE
Sábado 28, ás 19:00 h.: EN SAMAÍN TOCA… MAXIA!
E, de 18:00 a 20:00 h.: nova sesión de LUDOARTE
NOVEMBRO
Sábado 11 de novembro: LIGA XUNTA DE GALICIA DE BREAK 2023
E, de 18:00 a 20:00 h.: nova sesión de LUDOARTE
Do xoves 16 ao sábado 18 de novembro: volve a Feira do disco e do cine a Área Central!
Ademais, os nosos comercios tamén se suman ao aniversario y durante estas semanas atoparás descontos especiais en moitos deles.
Agora só faltades vós, os nosos convidados! Animámosvos a este gran aniversario que celebraremos por todo o alto en Área Central. E aproveitamos, para agradecervos a vós por acompañarnos e facernos medrar cada ano, e non só en anos. Vide celebrar o noso 30 aniversario con nós! ?