XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN DE ÁREA CENTRAL!

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN DE ÁREA CENTRAL!

Para nós, en outubro non hai descanso, e é que logo de despedir o noso 29 aniversario xa estamos coa programación de novas actividades.

Gústache celebrar o Samaín? Pois atento, porque xa está aquí o Samaín de Área Central.

Concurso e exposición de cabazas

Dende o luns 24 ao sábado 29 de outubro comeza o noso concurso de cabazas da man de Vivo Eventos, con participación individual ou ben, en grupo. Decora a túa cabaza e entrégaa no seu local eses días en horario de mañá ou de tarde para poder expoñela no noso espazo. Consulta as bases aquí.

O luns 31 anunciaremos os gañadores e daremos un premio ás 3 mellores. Loita polos primeiros postos!

Photocall de Samaín

Este ano as fotos máis terroríficas serán en Área Central! Ven posar no noso photocall. Estará na esquina vermella dende o luns 24 de outubro.

Actividades para pasalo de medo

O venres 28 e o luns 31 haberá inchables de balde para os máis cativos en horario de 17:00h. a 20:00h,. E para completar a programación, o sábado 29, de 18.00 a 20.00 h. contaremos con actividades do máis pavorosas: cociña terrorífica, pintacaras e manualidades de arrepío. De novo, será na esquina vermella onde terán lugar esta serie de actividades!

Bule, merca a túa cabaza e pensa na maneira máis orixinal de decorala para gañar un dos tres primeiros premios. Fai as túas compras en Área Central e desfruta das nosas actividades, ímolo pasar de medo!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies