O Outlet Área Central suma incorporacións á súa oferta comercial. Este xoves 10 de outubro abriu o outlet da zapatería Krack Outlet en Área Central.
Área Central amplía a súa oferta outlet
Krack Outlet xa se pode visitar na mesma zona onde se concentran a maioría dos outlets en Área Central (esquina amarela). O seu local ocupa 70 metros cadrados. A cadea de zapaterías conta con preto de 50 tendas en España e ten sede en Pontevedra. Krack, especializada na distribución multimarca de calzado, escolle Área Central para abrir o seu cuarto outlet.
Krack súmase ás novidades do último ano
A apertura de Krack Outlet únese ao listado das novas incorporacións anunciadas para este último cuatrimestre do ano. O ximnasio Dreamfit xa está a pleno rendemento. E tamén xa podes desfrutar das delicias do restaurante coreano Damta Numaru. A esta renovación da oferta xa se incorporou tamén este mes de xullo o local de estética Jardín Secreto.
Os locais de restauración Lola&Lía Brunch & Lunch, a cafetería-pastelería Amasarte e a óptica Opticoa serán os seguintes en chegar ao Outlet Área Central.
Con estas novidades previstas e as aperturas que xa se conseguiron neste último ano, o Outlet Área Central ofréceche unha experiencia de compra fantástica das túas marcas favoritas.
Os outlets de Bimba y Lola, Scalpers e Purificacion Garcia son os únicos do norte de España e están en Área Central. Estes unidos ás demais tendas outlet, como Ramón Sanjurjo, Fifty (outlet da marca Cortefiel), os outlets multimarca Lolita Moda e Zabba, e agora o outlet da zapatería Krack xa aberto, reforzan esta oferta que fai diferente a Área Central.