Volve LudoArte, a ludoteca de Área Central para os pequenos da casa!
Sabías que este mes estamos de celebración? Con motivo do noso 28 aniversario, o noso centro estará repleto de actividades e promocións, e entre elas unha que tiñamos moitas ganas de anunciar: o regreso das sesións presenciais da ludoteca de Área Central, LudoArte. Ademais, poderás reservar a túa praza para acudir e así volver a vernos do xeito máis seguro posible. Queres saber como? Pois estás no sitio indicado porque imos contarcho todo!
O ESPERADO REGRESO DE LUDOARTE
Os sábados 23 e 30 de outubro de 18:00 h a 20:00 h os nenos e nenas poderán acudir de novo ás sesións gratuítas de LudoArte, a nosa ludoteca artística, mentres ti dispós dunha hora para facer as túas compras, tomar algo, ou o que máis che apeteza. Mentres tanto, os máis cativos volverán a gozar cas actividades e todo o que están preparando Rula e Ruliño para estas próximas xornadas.
Tal e como che adiantábamos ao comezo, para acudir agora é posible reservar a praza, pero iso non é ningún problema, pois será tan sinxelo como entrar nesta ligazón.
UN ANIVERSARIO PENSADO PARA OS MÁIS CATIVOS
Polo noso 28 aniversario tiñamos que facer unha celebración por todo o alto. Vós, que levades acompañándonos dende hai tanto tempo, tédelo máis que merecido. E por suposto, tamén os máis cativos, principais protagonistas do noso espazo. Por isox preparamos actividades especiais para eles, ademais do regreso de Ludoarte.
Os venres 22 e 29 de outubro, teremos unha zona de xogos para os máis cativos de 18:00 a 20:00 h na esquina vermella de Área Central, con moitos xogos como construcións xigantes, hulahops e o tradicional tres en raia. Ao mesmo tempo, na esquina amarela, tamén teremos inchables gratuítos para que os pequenos poidan brincar e pasalo coma nunca.
UNHA VIAXE NO TEMPO PARA TODA A FAMILIA
Pero isto non remata aquí. Gustaríache facer unha viaxe no tempo en familia? Este aniversario temos tamén unha zona de videoxogos Arcade para que poidas amosarlle ós teus fillos ao que xogabas ti cando tiñas a súa idade. Dende o 19 de outubro ata o luns 1 de novembro, en horario de 17.00 h a 20.00 h, poderás achegarte á zona azul do centro para marabillarte co noso espazo con máquinas de videoxogo vintage dos anos 80 e 90.
É dicir, esta fin de semana poderás desfrutar de xogos vintage co espazo de Arcade, xogos tradicionais coma o tres en raia, inchables e o regreso de Ludoarte. Que máis se pode pedir? Se vas vir facer as túas compras aproveita e bota un ollo á programación completa do noso aniversario. En Área Central a diversión está asegurada para toda a familia: agardámosvos!