Sabemos que os peques da casa o estaban desexando, este mes de setembro volve Ludoarte a Área Central!
Os sábados 19 e 26 de setembro das 18:00 h ás 20:00 h, na esquina amarela da area comercial, os cativos poderán aprender e desenvolver a súa creatividade mentres se divirten coa ludoteca máis guay de Fontiñas. Se a túa crianza ten máis de 4 anos, este é o seu sitio!
Ademais, mentres eles se divirten, ti dispoñes dunha hora para gozar de compras e lecer na nosa rúa comercial.
Durante a xornada, os monitores especializados realizarán diferentes talleres de manualidades que farán que todos os nenos e nenas se divirtan creando. O espazo de Ludoarte comporase de tres grupos de cinco rapaces e cada un deles contará co seu material individualizado para poder facer as manualidades. Para facer que a diversión sexa segura para todos, adoptáronse as seguintes normas:
- É imprescindible o uso de mascarilla para participar na actividade, salvo as excepcións marcadas pola normativa vixente.
- Mantén a distancia de seguridade sempre que sexa posible
- Dispoñemos de xel hidroalcólico que debes botar antes de entrar e saír do espazo.
- Evitaremos, na medida do posible, o uso compartido de material. Cada quen ten un espazo para as súas pertenzas. Evita coller ou tocar as cousas alleas!
- Non se pode correr ou entrar e saír sen permiso. Agarda que as monitoras che digan que facer e pregúntalles se tes algunha dúbida.
Ademais de todas as normas nomeadas con anterioridade, cabe destacar que o espazo e o material empregado en Ludoarte, desinfectarase en cada cambio de quenda.
Como dato adicional, se decides vir o sábado 26 Área Central tamén acollerá un campionato de breaking nas súas instalacións ese mesmo día. Os participantes deixaranche coa boca aberta! Non o penses máis, os teus mellores plans de fin de semana atoparalos en Área Central!