Din que cando as cousas saen ben é cando hai que repetilas, e en Área Central tamén somos dese pensar. Por iso, despois dunha primeira edición que foi todo un éxito, hoxe damos comezo de novo á promoción “Os teu cartos valen máis en Área Central” coa que poderás obter un 10% de desconto nas túas compras a través de vales agasallo para gastar novamente nas nosas tendas do pequeno comercio.
Que na primeira edición non te enteraches de como funciona esta promo? Agora mesmo o contamos!
Así funciona a campaña:
Desfrutar da promoción “Os teus cartos valen máis en Área Central” é moi sinxelo: tan só deberás vir facer as túas compras ao noso pequeno comercio (o hipermercado Alcampo non entra) entre o luns 24 e o venres 28 de maio de 2021 e facer unha compra superior a 20 euros, ben nun único local ou ben sumando o gasto feito en varios dos negocios adheridos.
Por cada importe superior a 20€ e ata un máximo de 150€, desde Área Central trocaremos o 10% do total dos teus tickets de compras por vales desconto para gastar de novo nas nosas tendas.
Como facerte cos teus vales:
Unha vez feitas as túas compras non esquezas gardar o ticket: cando chegues ao importe mínimo de 20€ de gasto tan só tes que pasarte pola nosa cabina de información, situada entre a esquina azul e amarela, en horario de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h. Unha vez alí, o noso persoal comprobará que se cumpren todas as condicións da promoción e entregaranche os teus vales, que teñen un valor de 1 euro a 10 euros, e que poderás escoller como recoller. Por exemplo, para un desconto de 5€ podes pedirnos cinco vales de 1 euro; ou un vale de 2 euros e outro de 3 euros… a combinación que mellor che veña. Isto é moi importante, xa que só poderás utilizar un vale en cada unha das novas compras que volvas facer no noso pequeno comercio!
Nesta segunda edición, poderás utilizar os teus vales desconto ata o domingo 6 de xuño.
E iso é todo! Se tes algunha dúbida, na nosa web tes a túa disposición a dinámica completa da promoción. Ven mercar a Área Central e sácalle o maior partido ao teu diñeiro!