Saltar ao contido

Área Central

Volve a promoción “Os Teus Cartos Valen máis en Área Central” para axudarche a aforrar nas compras deste outono

  • Novas

Volve a promoción “Os Teus Cartos Valen máis en Área Central” para axudarche a aforrar nas compras deste outono

Despois dun verán intenso toca regresar á rutina e, con ela, o tempo de equiparse para a nova tempada. Por iso, coa chegada do outono volve tamén a cuarta edición da promoción “Os teus cartos valen máis en Área Central” , coa que podes conseguir un 10% de desconto en vales agasallo por cada 20€ de compra no noso pequeno comercio

Eres novo e aínda non sabes como funciona a nosa campaña? Toma boa nota, que cho contamos con todo luxo de detalles!

Así funciona a campaña:

Seguro que a primeira dúbida que che xorde é a de que locais participan nesta promoción. Para participar, as compras deberán realizarse entre o luns 27 de setembro e o venres 1 de outubro de 2021 en calquera dos establecementos do noso pequeno comercio, situados na planta baixa e a primeira planta de Área Central (o hipermercado Alcampo non conta). O único requisito que debes cumprir é facer unha compra superior a 20 euros, ben sexa nun único local ou sumando o gasto que fagas en varios. Por importes superiores a 20 euros e ata un máximo de 100 euros, trocaremos o 10% dos teus tickets de compra polos nosos vales desconto.

Como recoller os teus vales:

Para facerte cos teus vales desconto, bastará con que te dirixas a nosa cabina de información, que estará funcionando entre a esquina azul e a amarela en horario de 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h. Alí comprobarán que se compren as condicións da promoción e entregaranche os vales, que teñen un valor de 1€ a 10€ e que debes decidir como queres recoller. Presta moita atención a isto, xa que só poderás utilizar un vale desconto por cada compra realizada. Poderás utilizar os teus vales en todos os establecementos participantes nesta campaña ata o vindeiro domingo 10 de outubro de 2021, para as túas compras iguais ou superiores ao importe do vale.

Se tes algunha dúbida, nesta ligazón podes consultar a dinámica completa da promoción. Lembra que a campaña só estará en funcionamento durante esta semana, así que non esquezas vir mercar ao noso pequeno comercio e pasarte pola nosa cabina de información para conseguir os teus vales desconto. Esperámoste en Área Central!