Saltar ao contido

Área Central

O venres 30 de maio é Súper venres

Como todas as últimas semanas de mes, o Outlet Área Central prepárase para ofrecer descontos extras nos próximos días. Pero non te despistes! Este mes de maio celebramos o Súper venres.

Este xoves 29 de maio deberíamos celebrar unha nova edición do Súper xoves. Non obstante, este xoves é festivo xa que son as festas locais da Ascensión. Polo tanto, o Súper xoves celebrarémolo o día seguinte, este venres 30 de maio.

Xa o sabes: este venres 30 tes unha cita coas mellores firmas en Área Central. Lembra tamén que o parking tamén se suma aos Súper días de Área Central, Neste caso, este venres 30 poderás desfrutar do parking gratis durante tres horas, de 17:00 a 20:00 horas. Para facer efectivo o desconto, debes sacar o teu vehículo antes das 20:00 horas.

Vestidos, blusas, bermudas, polos, sandalias…. ¿xa tes feita a lista dos desexos? O bo tempo se achega e debemos prepararnos para todas as saídas que temos previstas.

Consulta aquí todos os nosos establecementos e marca na túa axenda a túa visita ao Outlet Área Central.