Ven visitar a gran alfombra de elementos naturais de Área Central

Ven visitar a gran alfombra de elementos naturais de Área Central

Alfombra de arte efémero en Área Central
Alfombra de arte efémero en Área Central

En Área Central somos apaixonados de todas as expresións artísticas, por suposto, tamén se son efémeras. Por iso, desde o venres 14 de maio e durante 3 semanas como mínimo, o noso espazo comercial acollerá a exposición dunha gran alfombra de 120 metros cadrados realizada con elementos naturais pola Federación de Asociacións de Alfombristas de Galicia, baixo o título “Camiño de Esperanza”.

Para a elaboración deste traballo, realizado durante dúas xornadas completas polos membros de FEGAARTE coa axuda de todos aqueles clientes de Área Central e demais persoas que quixeron achegarse a colaborar, empregáronse diferentes materiais naturais como cunchas, pedras, flores secas, serraduras, labras, sementes, etc.

A partir da unión destes materiais confeccionouse a colaxe multicolor, que ten como título “Camiño de esperanza” facendo alusión ao Camiño de Santiago e ao momento esperanzados esperanza que estamos a vivir co aumento do ritmo na vacinación tras uns meses marcados pola pandemia. Este tipo de alfombras destacan polo seu colorido e a súa vistosidade, amais de polo traballo colectivo que se precisa para poder realizalas.

A alfombra estará colocada na esquina amarela de Área Central e poderase visitar durante as próximas tres semanas, ata a celebración do Corpus Christi, festa tradicional que terá lugar o 3 de xuño e á que está vinculada a elaboración destas obras de arte efémera ao longo de toda Galicia.

A Federación de Alfombristas de Galicia congrega no seu organismo a máis de 500 persoas afeccionadas a esta tradición e procedentes de diferentes concellos de Galicia, como da provincia da Coruña (Miño, As Pontes, Rianxo, Ames, Mazaricos), de Pontevedra (Pontevedra, A Estrada, Ponteareas, Bueu, Moaña, Cangas e Redondela) e da provincia de Lugo (Burela), e non quixo perder a oportunidade de expoñer o seu traballo en Área Centra, o centro de referencia para o ocio e as compras en Santiago de Compostela.

Ven facer as túas compras e aproveita a oportunidade para visitar o noso particular camiño da esperanza: estamos seguros de que non che deixará indiferente!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies