Ven facer as túas compras de Nadal e aproveita unha nova edición de “Os  teus cartos valen máis en Área Central”

Ven facer as túas compras de Nadal e aproveita unha nova edición de “Os teus cartos valen máis en Área Central”

Xa estamos de volta coa nosa promoción mensual: “Os teus cartos valen máis en Área Central” chega a súa sexta edición! Desta vez, a nosa campaña será  moi especial, xa que coincide cunhas datas cheas de ilusión e de festexos: o Nadal. Por iso, recomendámosche que non perdas a ocasión veñas facer as compras de todo o que precisas para estas festas no noso pequeno comercio, aproveitando esta promoción. Conseguirás sacarlle o máximo rendemento ao teu diñeiro!

Despois de seis edicións, aínda non sabes como funciona a nosa promoción? Dacordo, por nós contamoscho. Imos aló!

Aproveita a nosa edición de Nadal

Área Central convírtese nun Soño de Nadal para celebrar estas festas, e por suposto, non podiamos esquecer a nosa campaña “Os teus cartos valen máis” para que consigades grandes descontos neste tempo de gasto. Para participar, só terás que facer un gasto igual ou superior a 20€ en calquera dos establecementos comerciais de Área Central adheridos a esta promoción (excluído o hipermercado Alcampo), entre o luns 29 de novembro e o venres 3 de decembro de 2021. Isto é moi sinxelo se temos en conta que o Nadal está a volta da esquina, non si?

Así, por cada compra superior a 20€ no noso pequeno comercio, poderás recibir un 10% do teu gasto en vales- agasallo para mercar, de novo, nos establecementos adheridos á promoción. Ademais, e isto é unha gran vantaxe, para chegar ao gasto mínimo de 20 euros poderás amosar unha única compra, ou xuntar os tickets de varias ata xustificar esa cantidade. O valor máximo que poderás amosa é de 150 euros.

Coa nosa promoción poderás obter, desde xeito, vales desconto por valor de 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9 e 10 euros, e serás ti quen elixa como os queres recibir e cal é a combinación máis idónea para ti. Poderás empregalos ata o día 12 de decembro de 2021 e terá que ser usando só un vale por cada compra.

Doado, verdade? Por se aínda che queda algunha dúbida, podes ter máis información de como funciona esta promoción consultado a dinámica desta sexta edición, que está dispoñible na nosa web.

Xa sabes, de paso que ves a coñecer o noso Soño de Nadal, aproveita para facer as túas compras e desfrutar así dun desconto. Este ano ven mercar ó noso centro e benefíciate de tódolos privilexios de comprar no pequeno comercio. Agardámoste nestas datas tan especiais!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies