Este verán, en Nova Jump non desfrutaron dunhas vacacións en condicións, pero todo foi por un bo motivo: estiveron traballando na renovación de parte das instalacións do seu local de Área Central. Queres que che contemos máis? Pois presta atención que che imos dicir todas as novidades que trae un dos locais de referencia no ocio compostelán!
Máis ca un trampoline park
Agora, os cativos e non cativos non poden dicir que se aburren de dar brincos, e é que en Nova Jump traballaron arreo para darlle un lavado de cara ás súas instalacións. Estes traballos consistiron na renovación total de camas elásticas por camas de tea entretexida, unha mellora das proteccións que as rodean, o reforzo de seguridade en muros e a remodelación do airbag burbulla que, xunto a súa varredora, son as insignias do establecemento.
Con todo isto, tampouco faltan as novidades. No local de Nova Jump do noso centro comercial de Santiago, instalaron un novo xogo: a atracción Net Tunnel. Esta é a única en España e se trata dunha complexa estrutura de redes con 5 niveis que xa se pode desfrutar en Área Central. E ollo, porque estas tarefas de reforma aínda non remataron. A empresa mexicana Ideas Extremas encargarase tamén da fabricación de outras novas atraccións que irán chegando este ano e o próximo ao parque de Área Central.
Así arranca a tempada
Con todas estas melloras, Nova Jump arranca este mes a campaña de aniversarios no noso centro comercial en Santiago, onde espera bater o récord do ano pasado, no que se celebraron máis de 1.800 festas con máis de 19.700 nenas e nenos, divertíndose no seu espazo e 98.000 persoas que pasaron polas instalacións no formato de salto libre.
O trampoline park Nova Jump destaca pola súa particular maneira de facer aniversarios: aos cativos non lles falta de nada: pinta caras luminiscente, animación e luces de neón, tarta artesá e un paquete de aniversario ilimitado onde os peques poden desfrutar de cinco horas de celebración.
Ademais, Nova Jump aspira agora a ser un dos primeiros trampoline park en España en obter a certificación AENOR-ENAC (organismo nacional encargado de certificar e acreditar a calidade e a excelencia das instalacións). Non será porque non o merecen!
Xa sabes, as tardes de ocio en Compostela son no noso centro comercial, en Área Central! Achégate a coñecer todas as novidades do noso local de brincos por excelencia: Nova Jump!