Área Central e a Asociación Galega de Speedcubing están na búsqueda da persoa máis rápida resolvendo cubos de Rubik. E a cita será o sábado 5 de abril, mañá e tarde, baixo o nome “Camiño de Santiago Open 2025”. Este torneo de resolución de cubo de rubik en Área Central seguro que te sorprenderá.
Haberá un total de sesenta participantes de todas as idades. Desde pequenos a persoas maiores, esta afición conta con apaixonados que chegarán a Área Central de varios puntos de España e Portugal.
Diferentes categorías
Para as persoas alleas a este mundo, contemplar este torneo servirá para descubrir todas as variedades que existen. As categorías non se quedan nos clásicos 3×3 (coa modalidade de facelo cos ollos tapados) ou 4×4. As opcións multiplícanse e neste torneo haberá as seccións Pyraminx, Skewb, Megaminx, 2×2 e Clock.
O speedcubing non é unha simple competición de velocidade. É unha actividad que fomenta a concentración, a perseverancia e técnicas para a resolución de problemas.
Taller de iniciación ao speedcubing
A organización tamén celebrará un obradoiro de speedcubing. Será o mesmo día, 5 de abril, en horario de 12.30 a 13.30 horas. O taller contará con quince prazas e estará aberto a quen queira aprender a resolver cubos e inicialos nesta afección. A actividade complétase cun stand de venda de gran variedade de cubos de rubik de Ukubom.
Este torneo de cubo de rubik en Área Central forma parte do amplísimo programa de accións que estamos celebrando este primeir semestre do ano. O noso plan de eventos ven a complementar toda a nosa oferta comercial. Outlets das mellores marcas, comercios variados, unha renovada restauración e un ocio súper interesante agárdante en Área Central.
Non te esquezas de que neste enlace podes ver un resumo das próximas actividades e eventos de Área Central.