TERCEIRA EDICIÓN DE “OS TEUS CARTOS VALEN MÁIS EN ÁREA CENTRAL”

TERCEIRA EDICIÓN DE “OS TEUS CARTOS VALEN MÁIS EN ÁREA CENTRAL”

Porque non hai dous sen tres, hoxe da comezo a terceira edición de “Os teu cartos valen máis en Área Central”, a nosa campaña que xa é todo un éxito coa que poderás gozar dun 10% de desconto nas túas compras a través dos vales agasallo que trocaremos ata o venres 2 de xullo por cada gasto superior a 20€ no noso pequeno comercio.

Sabemos que a dinámica da nosa promoción xa é sobradamente coñecida, pero por se queda algún despistado, a continuación contámosvos como participar!

Funcionamento da campaña

Sacarlle o máximo partido ao teu diñeiro coa promoción “Os teus cartos valen máis en Área Central” é moi, moi sinxelo! Só tes que facer unha ou varias compras superiores a 20€ e dun máximo de 150€ nos establecementos do pequeno comercio adheridos á campaña (o hipermercado Alcampo non é un deles) entre o luns 28 de xuño e o venres 2 de xullo.

Cando remates, non esquezas visitar a nosa cabina de información, situada entre a esquina azul e amarela. Alí estará o noso persoal en horario de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h comprobando que se cumpren todos os requisitos para participar. Se é así, entregaranche os vales agasallo, que teñen un valor de 1 euro a 10 euros, e que ti decidirás como recibir. Por exemplo, para un desconto de 5€ podes pedirnos cinco vales de 1 euro; ou un vale de 2 euros e outro de 3 euros… a combinación que mellor che veña! Isto é moi importante, xa que só poderás utilizar un vale en cada unha das novas compras que volvas facer no noso pequeno comercio!

E iso é todo! Unha vez recibas os teus vales, poderás volver a gastalos no pequeno comercio de Área Central ata o domingo 11 de xullo. Consulta aquí a dinámica completa da promoción e non esquezas pasarte polo noso espazo comercial para sacarlle o máximo rendemento ao teu diñeiro. Porque en Área Central, os teus cartos valen máis!