En Área Central atopas outlets coas túas marcas de referencia, tendas de todo tipo, alimentación, oficinas de servizos, academias, perruquerías,…. E tamén eventos como o desta fin de semana. O teu centro comercial de Santiago acolle a terceira edición de Tattoo Expo Santiago. Máis de cincuenta tatuadores de diferentes puntos de Galicia, e doutros lugares de España e Portugal reúnense en Área Central durante estes tres días.
Stands, concursos e outras actividades na Tattoo Expo Santiago
A Tattoo Expo Santiago de Área Central contará cos stands dos estudios participantes, nos que se realizarán tatuaxes e piercings e se atenderán consultas de asesoramento. Tamén haberá un concurso de tatuaxes para que os propios tatuadores presenten os traballos realizados durante os tres días. O último día, o xurado profesional vencellado a este sector elixirá ao gañador da convención.
Tattoo Expo Santiago inclúe actividades complementarias. Os visitantes poderán participar colectivamente no pintado de dúas esculturas realizadas polo artista Juan Costa Cepeda. Porase en marcha unha xincana na que os participantes deberán seguir diferentes pistas repartidas pola cidade para concluír en Área Central. O fío condutor será a de acompañar ao personaje Nuno a facerse a súa primeira tatuaxe.
Un photocall en 3D no que calquera se convertirá en tatuador profesional e música a cargo de varios Djs completan o programa.
Que che parece? Tes ganas de coñecer máis de preto o mundo da tinta? En Área Central podes facelo esta fin de semana. Lembra que tamén contamos con servizo de ludoteca e este sábado tamén se centrará nos tattoos e en pinturas creativas. Queres praza? Lembra que podes reservar neste enlace.
Xa ves: temos actividades para todos os gustos e idades. Isto acompañado dos nosos outlets e o resto dos establecimientos fan que estes tres días poidas desconectar da rutina da semana. Agardámoste!