O 2025 é o ano da consolidación do novo modelo de Área Central. Área Central é o teu lugar de compras con outlets exclusivos de marcas de referencia. As próximas firmas que se sumarán a Área Central serán Silbon e El Ganso, E se convertirán nos únicos outlets do norte de España.
Así, Área Central continúa reforzando a súa oferta outlet exclusiva de marcas recoñecidas a nivel nacional e internacional. Silbon e El Gonso uniranse aos outlets de Bimba y Lola, Purificación García e Scalpers como os únicos outlets do norte de España.
Estes establecementos ubicaranse na zona outlet de Área Central, onde convivirán coas demais firmas de moda e calzado outlet xa instaladas.
A estas se suman as demais tendas outlet de Área Central como Fifty (do Grupo Cortefiel), Krack e Ramón Sanjurjo e as multimarca Lolita Moda e Zabba. Estas últimas traballan con firmas tan recoñecidas como Levi´s, Jack&Jones, Pepe Jeans, Ecoalf, Camper ou New Balance, entre moitas outras.
Revolución en Área Central
Con esta revolución que estamos vivindo, o Outlet Área Central xa é unha realidade. En Área Central atopas un centro de compras e esparcimento único en Galicia. Área Central é punto de referencia para as compras outlet de Galicia polas súas marcas e a súa ubicación.
Tras estas boas noticias, os labores de comercialización non cesan. Proximamente poderemos anunciar máis incorporacións ao proxecto renovador de Área Central.
El Ganso: estilo británico para persoas elegantes e espontáneas
Hai máis de 15 anos, dous irmáns de pouco máis de 20 anos, con espíritu emprendedor e mentes inquedas, fundaron unha marca única en pleno corazón de Madrid. A idea era sinxela: producir a roupa que levaban anos buscando a un prezo razonable. Baixo o nome de El Ganso, crearon unha alternativa desenfadada, ofrecendo roupa de estilo británico accesible para persoas elegantes pero espontáneas, que buscaban un estilo único.

O seu estilo é preppy desenfadado, é dicir, unha mestura de elegancia clásica cun toque moderno e relaxado, o contraste de cores, prendas duradeiras con acabados cuidadosamente traballados, aposta por materiais sostibles e fabricación local e un enfoque creativo e auténtico que conecta con persoas espontáneas e con personalidade.
Silbon: produto de alta calidade a un prezo competitivo
Silbon iniciou a súa andaina en Córdoba en 2009 no sector de moda masculina. O seu produto é exclusivo, de alta calidade, a un prezo competitivo e cun coidado trato ao cliente. Durante estes anos foi diversificando o seu modelo de negocio. Abriu a súa colección de Kids en 2018 e Silbon Woman en 2021. En 2022 a marca diversifica a súa oferta con Oxygen, a liña versátil máis comprometida co medioambiente. En 2024, amplía coa chegada da súa liña Silbon Niña.

Silbon atópase en plena expansión. Cun equipo de máis de 400 traballadores, o plan de expansión supera xa os máis de 120 puntos de venda e 60 millóns de facturación.