Área Central

Atopa os 10 Ovos de Pascua

Atopa os 10 Ovos de Pascua

DINÁMICA DO XOGO “ATOPA OS DEZ OVOS DE PASCUA”

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Area Central (en adiante, “Area Central”), con enderezo en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4, 15707 e con C.I.F. H-15431273 decide levar a cabo unha actividade dirixida aos seus visitantes, os cales poden gañar vales-desconto para empregar nos comercios de Area Central.

¿COMO PODO PARTICIPAR?

Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que visiten Area Central dende as 17:00 horas do mércores 17 ata o domingo 21 de abril. Haberá dez ovos de Pascua identificados co logo do 25º aniversario de Area Central colocados nos escaparates de dez locais de Area Central (planta baixa e planta primeira, un ovo en cada establecemento. As cinco primeiras persoas que escriban por mensaxe privada ao Facebook de Area Central o listado completo dos dez establecementos nos que están os dez ovos serán os gañadores. Area Central informará dos gañadores a través das súas redes sociais o luns 22 de abril e porase en contacto con eles para organizar a entrega do premio. Non se darán por boas as participacións que teñan algún erro ou incompletas.
As participacións neste xogo que se fagan de xeito público nas redes sociais de Area Central non se terán en conta e borraranse. É imprescindible que o listado se transmita de maneira privada para non dar ningunha pista aos posibles participantes do xogo.
Non poderán participar neste xogo comerciantes e traballadores dos establecementos do centro comercial Area Central.

¿QUE PODO GAÑAR?

Esta promoción contempla cinco gañadores. Cada un conseguirá 50€ en vales-desconto (cinco vales por valor de 10€ cada un, a gastar nos establecementos comerciais de Area Central adheridos a esta promoción (Alcampo e Urban Planet quedan excluídos). Estes vales terán como data de caducidade o 30 de abril de 2019. Os produtos adquiridos con este vale non admiten cambio nin devolución. Poderanse usar para compras iguais ou superiores a 10 €. Os vales non son acumulables na mesma compra.
En ningún caso, os gañadores poderán cambiar nin esixir cambiar ningunha das características do seu premio. De igual xeito, o premio non poderá ser canxeable polo seu valor en metálico nin por ningún equivalente en produtos e servizos.
Os gañadores aceptan a captación da súa imaxe no momento da entrega do premio para o seu uso con fins publicitarios nas redes sociais.
En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos persoais, recabados co seu consentimento, formarán parte dun ficheiro baixo a responsabilidade da COMUNIDADE DE PROPIETARIOS C.C AREA CENTRAL, con enderezo fiscal en Edificio Area Central, soto -1, L-A-4 (15707 – Santiago de Compostela) sendo a súa única finalidade realizar unha correcta xestión deste xogo. Se o desexa, poderá exercitar en todo momento os seus dereitos de retificación, cancelación ou oposición, remitindo un correo electrónico con fotocopia do seu DNI á dirección marketing@areacentral.es.

MÁIS ASPECTOS A TER EN CONTA

O mero feito de participar neste xogo implica a aceptación desta dinámica sen reserva de ningún tipo. Area Central resérvase o dereito de efectuar calquera cambio e de suspender ou ampliar este xogo.
Exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que poda evitar que o gañador desfrute do premio unha vez sexa entregado o mesmo. Así mesmo, exímese a Area Central de calquera responsabilidade ou incidencia que se poida producir durante o desfrute do premio.

¿ONDE PODO COÑECER A DINÁMICA DESTA PROMOCIÓN?

Esta promoción comunicarase a través de mencións nos medios de comunicación nos que Area Central faga publicidade, a través das redes sociais de Area Central e a través de calquera outro medio divulgativo que Area Central considere de interese para a comunicación da promoción
A dinámica deste xogo estará a disposición de calquera persoa que desexe consultala na páxina de Facebook de Area Central.