San Valentín achégase e temos a mellor idea sobre que regalar: Área Central. ¿Que por que o dicimos? Porque no Outlet Área Central atopas o detalle que estás buscando. Seguro!
O 14 de febreiro celebramos o día do amor no sentido máis amplo da palabra. Amor á túa parella, aos teus fillos, á túa familia, ás túas amizades, á túa mascota…. Todo amor debe ser celebrado. Por esa razón, calquera obsequio que queira transmitir ese sentimento debe ser valorado.
No Outlet Área Central podes atopar centos de ideas e propostas para ese obsequio. Moda e complementos nos mellores outlets de Galicia, xoias, aparellos informáticos, bombóns, perfumes… ou experiencias como un brunch súper rico en Lola&Lía, unha sesión entretida de scape room en The Paradox Room, unha divertida hora de saltos en Central Jump, unha sesión de beleza para desconectar… Xa lle estás dando á cabeza a como sorprender a esta persoa tan especial?
Tarxetas regalo por valor de 100 euros
Ademais, se ves estes días a Área Central poderás conseguir un premio extra. Sorteamos cinco tarxetas por valor de 100 euros cada unha para gastar nos establecementos comerciais de Área Central.
A promoción celébrase desde o 1 ao 14 de febreiro e se es unha das persoas gañadoras porémonos en contacto contigo. Consulta AQUÍ as bases.
Para participar, debes rexistrarte na nosa área de promocións da web e adxuntar un ticket de compra superior a 20 euros realizada en calquera dos locais de Área Central. Así de doado! Rexístraste, escaneas o ticket e xa entras no sorteo de San Valentín.
Ademais, debes prestar atención ás nosas redes sociais. Estes días teremos en marcha un sorteo moi especial: unha noite no aloxamento Etnoturismo María Manuela, de Boqueixón.
Como ves, no Outlet Área Central poñémoscho moi fácil. Propoñémoste opcions de regalos para todos os gustos, dámosche a oportunidade de gañar tarxetas regalo de Área Central e unha noite nun aloxamento moi especial. Así que, xa o sabes, desfruta de San Valentín e regala Área Central!