Saltar ao contido

Área Central

Pop-up de artesanía e premios polas túas compras polo Día da Nai

  • Eventos

Achégase un dos días máis especiais. Este domingo 4 de maio é o día marcado no calendario para decirlle á túa nai o moito que a queres. En Área Central podes atopar moitas opcións para sorprendela.

Na túa visita a Área Central será difícil escoller entre todas as opcións que te ofrecen os nosos establecimentos comerciais para agasallala. Adícalle tempo para sorprender a unha das persoas máis importantes da túa vida.

Pop-up de artesanía “Materia prima”

Ademais, este venres 2 e sábado 3, Área Central celebra a pop-up de artesanía “Materia prima”. De 11.00 a 21.00 h, preto dunha quincena de obradoiros artesanais estarán en Área Central amosando as súas creacións. Esta actividade está organizada en colaboración coa Asociación para o fomento e o impulso da artesanía galega Afiga. Artesanía en madeira, sombrerería, velas artesanais, coiro, etc.; haberá unha variedade de produtos feitos con moito mimo e dedicación. Os stands participantes son:

  • Soledad Mato: xoiería.
  • T´Amorodo: bolsos macramé e bisutería en macramé.
  • Solpor Candles: velas artesanais con cera de soja.
  • Mi candil, talller de lámparas: artesanía en madeiras.
  • Minchu antigüedades: anticuaria
  • Deica Creacións: debuxante artesá.
  • Ferraxe de prata: Xoiería artesá.
  • Tuuinx: Bordadoras e modistas.
  • Belelula: Artesanía en madeira, téxtil, coiro. Pintura decorativa.
  • Sonia Arnaiz: Xoiería artesanal.
  • Hana No Boshi: Sombrerería.
  • Mioco Diseños: Manipulación de papel e cartón.

Sorteamos 500 euros en tarxetas regalo

Ademais, se realizas as túas compras en Área Central desde o mércores 30 de abril ata o mesmo domingo 4 de maio podes conseguir un premio extra. Sorteamos cinco tarxetas por valor de 100 euros cada unha para gastar nos establecementos comerciais de Área Central.

Se es unha das persoas gañadoras dunha das tarxetas porémonos en contacto contigo. Podes consultar aquí as bases da promoción.

Para participar, debes rexistrarte na nosa área de promocións da web e adxuntar un ticket de compra superior a 20 euros realizada en calquera dos locais de Área Central. Rexístraste, escaneas o ticket e xa entras no sorteo polo Día da Nai.

Para axudarte, tamén teremos colocado un stand con personal que te poderá axudar e consultar todas as túas dúbidas. O horario do stand será o mércores 30, o venres 2 e sábado 3 de 11.00 a 13.00 h e de 17.30 a 20.30 horas.