As nosas ganas de sorprenderte non cesan e en Área Central ofrecémoste actividades novidosas. “Playmobil Compostela” chega en abril a Área Central. Trátase dun evento que fará desfrutar ás persoas que se emocionan coa beleza do pequeno e que valoran o detalle e a creatividade.
O trasfondo desta actividade é solidario e ten como eixe común os clicks de Playmobil®. “Playmobil Compostela” é unha actividad organizada en colaboración con Playmogalicia, Esta exposición non está organizada por (c) Playmobil/Geobra Brandstaetter stiftung & Co.
Dioramas con fin solidario
Desde o martes 8 de abril e ata o 9 de maio Área Central contará con catro dioramas artesanais. Son recreacións feitas cos clicks nas que cada detalle conta.
A temática será diversa para sorprender aos visitantes de Área Central. Desde o día a día nun aeroporto pasaremos á estampa vacacional dun camping. Veremos tamén a recreación do desembarco de Catoira e un porto comercial do século XVIII.
Feiras de venda de clicks
Os dioramas poderanse ver todo o mes. E estarán acompañados dous fins de semana por unha feira comercial.. A primeira feira celebrarase os días 12 e 13 de abril e a segunda os días 26 e 27 de abril. Expositores procedentes de puntos diferentes de España traerán os seus produtos de Playmobil®. Coleccionistas, afeccionados e curiosos revolverán e seguro que atopan a peza que buscan.
Estas feiras estarán operativas de 10.00 a 21.00 horas, tanto o sábado como o domingo. Os días 12 e 13 de abril asistirán os seguintes stands: Frikycollection (Madrid), Toysspain (Cataluña), Playmomark (Madrid) e Playmocampoo (Palencia).
Esta actividade ten un trasfondo solidario. Detrás está Playmogalicia, unha asociación cultural que desenvolve dous programas: o de urnas de Playmobil® hospitalarias e o de xoguetes para a infancia hospitalizada.
Xoguetes para a infancia hospitalizada
Playmogalicia monta dioramas de clicks en varios hospitais de Galicia para alegrar a estancia dos nenos e nenas hospitalizados. Actualmente fano en catro. Ademais, realizan exposicións temporais en espazos diversos. Parte do recadado nestas últimas destínano á compra e reparto de xoguetes para nenas e nenos hospitalizados, especialmente na campaña de Nadal.
Por esa razón, “Playmobil Compostela” tamén contará en Área Central cunha urna para recadar fondos. O recadado irá destinado integramente aos proxectos sociais de Playmogalicia.
O mellor plan telo en Área Central
Plan de compras, de ocio, de restauración e de eventos: telo todo no Outlet Área Central. Ningunha fin de semana é igual en Área Central. Visita o noso programa de eventos e entérate de todo no que estamos traballando.