Pista de xeo natural en Area Central

Pista de xeo natural en Area Central

Un ano máis contamos coa pista de xeo natural máis grande de Galicia.

Os visitantes poderán gozar desta pista de xeo dende o 15 de novembro 2019 ata o 01 de marzo do 2020.

HORARIOS

Luns a xoves:

  • 09:00 a 14:00 horas (centros escolares)
  • 17:00 a 21:00 horas (público en xeral)

Venres:

  • 09:00 a 14:00 horas (centros escolares)
  • 16:00 a 22:00 horas (público en xeral)

Sábados e domingos

  • 11:00 a 22:00 horas

VACACIÓNS

  • Luns a domingo: 11:00 a 22:00 horas.
  • Sesións nocturnas: venres. sábados e vísperas de festivo ata as 23:00 horas.
  • 24 e 31 de decembro: 11:00 a 18:00 horas.
  • 25 e 1 de xaneiro: 18:00 a 22:00 horas.
  • 5 de xaneiro: 11:00 a 22:00 horas

Hai varias opcións de billetes para gozar da pista de xeo:

  • Entrada xeral (50 minutos, incluídos patíns): 9,50 euros.
  • Entrada xeral (sen límite de tempo, incluídos patíns): 14 euros.
  • Ademais, a pista de xeo inclúe un billete familiar (mínimo tres membros da familia): 8,50 euros por persoa.

Para os interesados ​​en gozar da pista de xeo en grupo, deben dirixirse a Invernalia, a compañía que opera a pista de xeo, a través do correo electrónico reservas@invernalia.com.

Para máis información: https://invernalia.com/localizaciones/santiago-area-central/

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies