Saltar ao contido

Área Central

Papá Noel instálase en Área Central para atender as peticións dos máis pequenos

  • Novas

Un ano máis, Papá Noel instalarase no centro comercial Área Central, onde recibirá a todos os nenos e nenas que queiran achegarse para charlar un intre con el e facerlle chegar, de primeira man, as súas peticións de agasallos para Nadal. Farao nunha recreación da súa casiña do Polo norte, que estará situada nos corredores do espazo de Fontiñas, desde o venres 3 de decembro ata o xoves 23 de decembro, en horario ininterrompido de 17:30 a 20:30 horas.

A visita será totalmente gratuíta e cumprirá con todas as medidas hixiénico-sanitarias para que os máis pequenos poidan gozar con total seguridade, polo que para acudir será necesario que as familias fagan unha reserva previa de praza na ligazón https://bit.ly/ReservasNadalArea. En cada quenda poderán acceder á sala de Papá Noel 5 persoas, polo que un adulto podería entrar con ata catro nenos. Así, de ocuparse a totalidade das prazas ofrecidas por Área Central para esta actividade, poderían superarse as 3.500 visitas para coñecer a Santa Claus ata o final da acción o próximo 23 de decembro.

Esta mesma ligazón será a que se utilice para o resto de propostas preparadas por Área Central na a súa programación do Nadal, entre as que se inclúen a ludoteca  LudoArte, que estará en funcionamento os sábados 4, 11 e 18 de novembro; ou a visita dos Reis Magos, que tamén estarán no espazo comercial os días 2, 3 e 4 de xaneiro.

Ademais, o venres 3 de decembro comezará tamén, coincidindo coa chegada de Papá Noel, o servizo de  empaquetado de agasallos de Área Central, un punto gratuíto posto en marcha co obxectivo de axudar aos clientes a envolver de maneira profesional e coidada as compras que realicen nos establecementos do centro durante estas festas. O servizo estará dispoñible os días 3, 4, 5, 7, 8, 10, 11, 12, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 17:30 a 20:30 horas; e entre o 17 e o 23 de decembro e do 3 ao 5 de xaneiro cun horario ampliado de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas. O día de Noiteboa, 24 de decembro, tamén funcionará para aqueles que acudan a facer as súas últimas compras de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas.