¡Atención! A visita máis esperada no Nadal xa ten data. Papá Noel visitará Área Central do 5 ao 23 de decembro. A persoa máis querida por estas datas non pode faltar á súa cita a Área Central. Durante 19 días e tres horas cada día, Papá Noel ofrecerá o seu mellor sorriso e atención personalizada para escoitar a todos os peques que acudan a el.
Estes días moitas familias estábades pendentes e xa o podemos confirmar: Papá Noel chega a Área Central este xoves 5 de decembro. Ata o 23 de decembro, en horario de 17.30 a 20.30 horas, Papá Noel e o seu acompañante recibirán as familias que desexen falar e fotografarse con el.
Atención con reservas…
Para ofrecer unha mellor calidade, a atención de Papá Noel xestionarase a través de citas de reservas. Cada reserva terá unha duración de cinco minutos. Nese tempo o ou os pequenos recibirán a mellor das atencións do ser máis esperado por estas datas.
As reservas abriranse o martes 3 de decembro neste enlace. Só tes que seguir as instruccións que te indican para conseguir cita. Cando teñas praza e chegue o día, debes amosar o código QR ao axudante de Papá Noel.
¡¡¡¡¡¡IMPORTANTE!!!! Cada reserva equivale a unha atención de cinco minutos. Neses cinco minutos, Papá Noel pode atender a un neno, dous irmáns…. Á hora de coller a cita, é importante facer un uso responsable do servizo e só reservar o día que vas vir. Deste xeito, damos opcións a que máis nenos desfruten desta visita. Por esa razón, unha persoa rexistrada só poderá facer dúas reservas como máximo.
…E sen reservas
Se non consigues cita, damos tamén a opción de que fagas cola para que te atenda igualmente. Deberás esperar a que alguén que ten cita non acuda a ela. Nese momento, o axudante de Papá Noel dará acceso á persoa que estea esperando sen cita.
Co acendido da decoración e iluminación iniciado o venres 29 de novembro, en Área Central demos comezo ao Nadal máis luminoso. A chegada de Papá Noel anunciada agora, o servizo de empaquetado de agaallos e a nosa ludoteca complementan a nosa oferta comercial cada vez máis renovada. En Área Central podes atopar os mellores agasallos das túas marcas de referencia e desfrutar do teu tempo de ocio e relaxa nos nosos establecementos de ocio e restauración.