La Central Heladera abre o seu establecemento este venes 29 de agosto no Outlet Área Central. Agárdante os seus xeados de elaboración artesanal a partir de produtos de proximidade de primeira calidade.
Con orixe en Ourense, La Central Heladera é unha marca xove, dinámica e innovadora. Está especializada en xeados artesáns elaborados con ingredientes de produtores de proximidade. Os seus xeados contan coa garantía do selo de Galicia Calidade.
Tamén crepes doces, gofres…
Nos xeados de La Central Heladera desfrutarás de recetas únicas que aportan unha fusión entre tradición e innovación para dar forma á mellor materia prima e convertela en xeados gourmet.
As cremas en La Central Heladera están elaboradas con leite de proximidade e sorbetes con froita 100% natural. Atoparás sabores sen glute, sen lactosa, VeganOK e con menos do 1% de materia grasa.
Ademais de xeados, La Central Heladera tamén conta na súa carta coa elaboración de crepes doces e gofres cos seus complementos e toppings, brioches recheos de xeado e batidos. E, por suposto, ¡todo riquísimo! 🤤
Promoción de apertura
Como promoción de apertura, La Central Heladera ofrecerá un 2×1 en todos os xeados desde este venres 29 e ata este domingo 31. ¡Achégate e desfruta dos seus sabores!
Este novo establecemento atópase na esquina verde da planta baixa do Outlet Área Central. Ata o 7 de setembro, o seu horario é de 17:00 a 20:30 horas. A partir do 8 de setembro de luns a xoves, de 17:00 a 20:30 h; o venres, de 17:00 a 21:00 horas; o sábado, de 12:30 a 21:00 h.; e o domingo, de 12:00 a 20:30 horas.
No Outlet Área Central seguimos aumentando a nosa oferta de restauración e ti xa contas cun novo espazo acolledor onde repoñer enerxías despois das túas compras e dun novo local para desfrutar con amigos e familia.
