En Área Central somos moi conscientes da importancia e o valor que ten o teu diñeiro, e queremos que o fagas render ao máximo. Por iso, lanzamos a nova promoción “Os teus cartos valen máis en Área Cental”, unha campaña que non che vai deixar indiferente.
Trátase de conseguir un desconto do 10% nas túas compras, que che devolveremos a través de vales agasallo para gastar novamente nas nosas tendas. Se xa de por si isto é unha boa idea, agora ademais podes aproveitar a nosa campaña para mercar os agasallos para o Día da Nai, que se celebra este domingo. Toma boa nota de como facelo!
Así funciona a campaña:
Seguro que a primeira dúbida que che xorde é a de que locais participan nesta promoción. Para participar, as compras deberán realizarse entre o luns 26 e o venres 30 de abril de 2021 en calquera dos establecementos da planta baixa e primeira (o hipermercado Alcampo non conta). O único requisito que debes cumprir é facer unha compra superior ós 20 euros, ben sexa nun único local ou sumando o gasto que fagas en varios. Por importes superiores a 20 euros e ata un máximo de 100 euros, trocaremos o 10% dos teus tickets de compra polos nosos vales desconto.
Como recoller os teus vales.
Para facerte cos teus vales desconto, bastará con que te dirixas a nosa cabina de información, que estará funcionando entre a esquina azul e a amarela en horario de 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h. Alí comprobarán que se compren as condicións da promoción e entregaranche os vales, que teñen un valor de 1€ a 10€ e que debes decidir como queres recoller. Presta moita atención a isto, xa que só poderás utilizar un vale desconto por cada compra realizada! Poderás utilizar os teus vales en todos os establecementos participantes nesta campaña ata o vindeiro 9 de maio de 2021, para as túas compras iguais ou superiores ao importe do vale.
Se tes algunha dúbida, aquí podes consultar a dinámica completa da promoción. Lembra que a campaña só estará en funcionamento durante esta semana, así que non esquezas vir mercar ao noso pequeno comercio e pasarte pola nosa cabina de información para conseguir os teus vales desconto. Esperámoste en Área Central, onde os teus cartos valen máis!
Pingback: Volve a promoción "Os teus cartos valen máis en Área Central" - Área Central
Os comentarios están pechados.