Saltar ao contido

Área Central

OS SÁBADOS SON DE LUDOARTE, A LUDOTECA DE ÁREA CENTRAL!

  • Eventos

Os peques da casa saben que a diversión en Área Central está asegurada e as familias sabedes que en Área Central pensamos en vós!

Por iso traemos dúas novidades:

  • A partir deste mes de febreiro, Ludoarte pasa a ser semanal: atoparás o noso servizo de ludoteca todos os sábados, de 18:00 a 20:00 horas.
  • Ademais, amplía a súa temática e intercalará temática “creatividade” con temática “cociña”.

Por esa razón, as sesións deste mes de febreiro serán así:

  • Os sábados 4 e 11 de febreiro, Ludoteca Creativos na montaxe habitual. Estas sesións están dirixidas a dous públicos: de 0 a 3 anos, con xogos e onde é preciso o acompañamento dun adulto e para maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto) con xogos e obradoiros.
  • Os sábados 18 e 25 de febreiro, Ludoteca Cociña na nosa cociña da esquina vermella. Esta actividade está pensada para nenos e nenas maiores de 4 anos (sen acompañamento de adulto) que queiran aprender a elaborar algunha receita. Quen sabe se nos sorprenderán cunhas riquísimas filloas?

Todas as sesións son dunha hora en horario de 18:00h., a 20:00h. e, como xa sabedes os que sodes habituais por aquí, é recomendable facer a reserva da praza para asegurarse sitio. Nesta ligazón, xa podes reservar sitio para as sesións de febreiro.

Aproveita para vir de rebaixas, facer recados ou tomar algo en familia mentres o teu cativo se divirte e aprende xogando e cociñando. Agardámoste!