No Outlet Área Central seguimos vivindo con moita intensidade as datas de Nadal. E agora é o turno de anunciar a chegada das súas Maxestades os Reis Magos. Os días 2, 3 4 de xaneiro de 2025 os Reis Magos visitarán Área Central.
O ano 2025 comeza con moita forza no Outlet Área Central. As rebaixas xa comezaron e o Mercado do Nadal do Concello de Santiago está a pleno funcionamento. Contamos con servizo de empaquetado de carácter solidario para axudarte a poñer fermosos os teus agasallos. Os nosos pasillos locen miles de bombillas brancas que enchen de brillo todos os nosos espazos. E contamos cunha obra artística na nosa entrada principal feita a man con motivos de Nadal que serve para darte a benvida a túa visita a Área Central.
Pois agora é o momento de recibir a visita dos Reis Magos en Área Central. Durante tres días, en horario de 17.30 a 20.30 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao teu centro comercial de Santiago para que poidas desfrutar coa súa presencia.
Xa se pode reservar
Para ofrecer unha mellor calidade no servizo, a atención dos Reis Magos xestionarase a través de citas de reservas. Polo tanto, seguirase o mesmo mecanismo que se emprega para as visitas de Papá Noel. Cada reserva terá unha duración de cinco minutos. Neste tempo, as familias saudarán aos tres Reis Magos, os cales atenderán as súas peticións ou poderán fotografarse con eles.
As citas poden reservarse a través deste enlace. Segue as instruccións para conseguir cita. Cando teñas praza e chegue o día, tan só debes amosar o código QR ao paxe dos Reis Magos.
¡¡¡¡¡¡IMPORTANTE!!!! Cada reserva equivale a unha atención de cinco minutos. Neses cinco minutos, os Reis Magos poden atender a un neno, dous irmáns… É dicir, neses cinco minutos, pode vir un pequeno grupiño. Á hora de coller a cita, é importante facer un uso responsable do servizo e só reservar o día que vas vir. Así, damos opcións a que máis nenos desfruten desta compañía. Por esa razón, unha persoa rexistrada só poderá facer dúas reservas como máximo.
Tamén visitas sen reservas
Se non consigues cita, non debes preocuparte demasiado. Dámosche a opción de que fagas cola que te atendan igualmente. Deberás agardar a que alguén que ten cita non acuda a ela. Nese momento, o paxe real dará acceso á persoa que estea na cola.
Comeza a conta atrás para ter todo listo para a noite de Reis e en Área Central sabémolo. Visítanos para desfrutar da nosa oferta comercial, os nosos outlets e tamén o noso abanico de locais de ocio e restauración, ¡E non te esquezas de pararte a saúdar aos Reis Magos! Seguro que algún dos teus desexos se cumpre. 😃