No Outlet Área Central seguimos cun Nadal pensado en tí. Agora é o turno de anunciar a chegada das súas Maxestades os Reis Magos. Os días 2, 3 e 4 de xaneiro os Reis Magos estarán en Área Central.
O ano 2026 comeza con moita forza no Outlet Área Central. As rebaixas xa comezaron e o Mercado de Nadal do Concello de Santiago está a pleno funcionamento. Ademais, contamos co servizo de empaquetado de carácter solidario para axudarte a poñer fermosos os teus agasallos.
Pois agora é o momento de recibir a visita dos Reis Magos en Área Central. Durante tres días, en horario de 17.30 a 20.30 horas, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao teu outlet de Santiago de Compostela para que podades gozar coa súa presencia. Nesta actividade colabora o Concello de Santiago.
Reservas abertas o 29 ás 12:00 h.
Para ofrecer unha mellor calidade no servizo, a atención dos Reis Magos xestionarase a través de citas de reservas. Polo tanto, seguerase o mesmo mecanismo que se emprega para as visitas de Papá Noel. Cada reserva terá unha duración de cinco minutos. Nese tempo, as familias recibiranas os tres Reis Magos para atender as súas peticións ou sacarsa unha fotografía con eles.
As citas poden reservarse a través deste enlace. Abriranse o luns 29 de decembro ás 12:00 horas. Segue as instrucións para conseguir cita. Cando teñas praza e chegue o día, tan só debes amosar o código QR ao paxe dos Reis Magos.
¡¡¡¡¡¡IMPORTANTE!!!! Cada reserva equivale a unha atención de cinco minutos. Neses cinco minutos, os Reis Magos poden atender a un neno, dous irmáns, tres amigos… Á hora de coller a cita, é important facer un uso responsable do servizo e só reservar o día que vas vir. Así, damos opcións a que máis rapces desfruten desta compañía. POr esa razón, unha persoa rexistrada só poderá facer dúas reservas como máximo.
Tamén visitas sen reservas
Se non consegues cita, non debes preocuparte demasiado. Damos a opción de que fagas cola para que te atendan igualmente. Deberás agardar a que alguén que ten cita non acuda a ela. Nese momento, o paxe real dará acceso á persoa que estea na cola.
Comeza a conta atrás para ter todo listo para a noite de Reis e en Área Central sabémolo. Vísítanos para desfrutar da nosa oferta comercial, os nosos outlets e tamén o noso abanico de locais de ocio e restauración. E non te esquezas de pararte a saudar aos Reis Magos! Seguro que algún dos teus desexos se cumpre. 😃
Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, séguenos en Instagram e Facebook.
