Saltar ao contido

Área Central

Os outlets de Silbon e El Pulpo abren as súas portas en Área Central

  • Eventos

Área Central segue aumentando a súa oferta outlet. Desde hoxe os clientes poden desfrutar dos outlets das firmas de moda de Silbon e El Pulpo.

Por un lado, a firma de moda Silbon elixe Área Central para instalar coa súa liña masculina o seu único outlet de Galicia. O cliente atopará neste novo establecemento prendas de alta calidade, un prezo competitivo e un coidado trato ao cliente.

Pola súa parte, El Pulpo, firma de moda sostible creada en 2005, destaca pola súas prendas de deseños exclusivos. O seu espíritu atlántico e o seu amor ao mar e á natureza tamén son o seu distintivo. Os clientes poden atopar na súa tenda de Área Central prendas das súas liñas de home, teen e neno.

O horario destas dúas incorporacións á oferta outlet de Área Central é de luns a sábado, de 10:00 a 21:00 horas. Atópanse na esquina amarela, onde conviven coas demais firmas de moda e calzado outlet xa instaladas.

No que vai de ano, Área Central viu medrar a súa oferta comercial coas aperturas dos outlets de Nanos e El Ganso, ás que hoxe tamén se suman El Pulpo e Silbon.

Novo modelo de Área Central

Sen dúbida, o 2025 é o ano da consolidación do novo modelo de Área Centra. Xa é unha superficie especializada en outlets exclusivos de marcas de referencia: os outlets de Silbon, Nanos e El Ganso son os únicos de Galicia. Estes únense aos outlets tamén exclusivos de Bimba y Lola, Purificación García e Scalpers.

Con esta revolución que está vivindo a superficie compostelá, o Outlet Área Central xa é unha realidade, como un centro de compras e esparcimento único en Galicia. Área Central sitúase así nun punto de referencia para as compras outlet de Galicia polas súas marcas e a súa ubicación (a menos dunha hora de todas as cidades de Galicia).

Tras estas boas noticias, as labores de comercialización non cesan e proximamente poderanse anunciar máis incorporacións ao proxecto renovador de Área Central que se poderán desfrutar ao longo deste ano.