Saltar ao contido

Área Central

O restaurante coreano Numaru e a óptica Opticoa abrirán no Outlet Área Central

  • Novas

Os labores de comercialización de Área Central seguen dando os seus froitos. O Outlet Área Central anuncia máIs incorporacións á súa oferta comercial e de restauración. E é que o restaurante coreano Numaru e a óptica Opticoa únense pronto a Área Central.

O restaurante coreano Numaru prepara a súa chegada a un local da planta primeira para as vindeiras semanas. Este restaurante de gastronomía internacional atraerá a Áre Central a unha clientela que desfruta dos pratos exóticos e de novos sabores. Numaru ofrecerá un novo espazo onde desfrutar das súas creacións culinarias, que suman unha valoración online moi positiva.

O local L-7-D-2-E (ubicado na esquina verde, entrando pola porta principal a man dereita) acollerá a óptica Opticoa. Será un establecemento que ofrecerá servizos ópticos e unha ampla variedade de monturas e lentes de alta calidade. Os seus prezos fabulosos farán satisfacer as necesidades e atopar o estilo dos seus clientes.

Xa vedes: o restaurante coreano Numaru e a óptica Opticoa únense pronto a Área Central e veñen a completar toda a oferta que xa existe e qu prontó virá.

Nova restauración en setembro

Estes dous negocios aumentan o listado de próximas aperturas que terá o Outlet Área Central. Nas próximas semanas abrirán o ximnasio Dreamfit Santiago e os locais de restauración Amasarte e Lola&Lía Brunch & Lunch. Amasarte será un establecimiento con servizo de cafetería, panadería, pastelería e comida para levar. Lola&Lía será un espazo de restauración que ofrecerá unha experiencia única cos seus almorzos, brunchs, xantares e merendas.

Este dinamismo completarase coa chegada en setembro do ximnasio Dreamfit, Ocupará unha superficie de 3.500 metros cadrados e será o primeiro en Galicia desta cadea. Dreamfit está considerada no sector como a cadea número 1 de ximnasios de España pola súa calidade e profesionalidade.

Outlets únicos

A consolidación de Área Central como un outlet é xa unha realidade. Os outlets de Bimba y Lola, Scalpers e Purificacion Garcia son os únicos do norte de España, os cales unidos ás demáis tendas outlet, como Ramón Sanjurjo, Fifty (outlet da marca Cortefiel) ou os outlets multimarca Lolita Moda e Zabba, reforzan esta oferta que fai diferente a Área Central. Con todo isto, Área Central é xa un punto de referencia para as compras outlet de Galicia polas súas marcas e a súa ubicación.

Todas as incorporacións comentadas, sumadas aos outlets, ao hipermercado Alcampo e ao resto da oferta comercial e de ocio xa presente converten a Área Central en referencia no panorama comercial de Galicia.

Renovación da praza interior

Por outro lado, o plan de reactivación de Área Central inclúe tamén traballos na praza de Europa. O obxectivo é mellorar a súa imaxe incrementando as súas zonas verdes e, polo tanto, humanizándoa e facéndoa máis acolledora. Esta actualización da imaxe da praza irá acompañada cunha renovación da imaxe das terrazas de hostelería. Esta actualización afectará tanto ás terrazas ubicadas nos corredores interiores como ás que se atopan na Praza de Europa.