Saltar ao contido

Área Central

O outlet Área Central firmará un convenio co Concello de Santiago para desenvolver accións de dinamización comercial

  • Eventos

O outlet Área Central firmará nos vindeiros días un convenio de colaboración co Concello de Santiago para desenvolver accións de dinamización comercial por valor de 35.000 euros para desenvolver programas de dinamización comercial do barrio de Fontiñas e do conxunto da cidade.

Este convenio baséase en que a comunidade de propietarios do Centro Comercial Área Central dispón de espazos de titularidade privada e uso público (Praza de Europa), así como de uso privado, pero abertos a toda a cidadanía, que son apropiados para a realización de actividades de dinamización comercial e de lecer comunitarias. Ademais, Área Central é o epicentro comercial do barrio das Fontiñas, que concentra a práctica totalidade do seu comercio de proximidade.

O outlet Área Central é o punto neurálxico de convivencia e dinamización veciñal e comercial do barrio, cun amplo programa de dinamización comercial e convivencia veciñal durante todo o ano.