Saltar ao contido

Área Central

O Outlet Área Central convida aos clubes da comarca ao partido da Copa do Rei da SD Compostela

  • Eventos

O Outlet Área Central convida aos clubes de fútbol da comarca ao partido da Copa do Rei que vai xogar a SD Compostela o vindeiro martes 29 de outubro contra o Deportivo Alavés no estadio Verónica Boquete.

Para o equipo de fútbol da nosa cidade é un partido histórico. Despois de anos sen recibir a un equipo de Primeira División, o Compos e a súa afección viven este partido con moita emoción.

Área Central non quixo perderse esta oportunidade de formar parte desta gran ocasión. Por iso, é o patrocinador deste encontro tan especial. Gracias ao patrocinio, o Outlet Área Central convida a todos os clubes da comarca para que poidan asistir ao partido, mercando un lote de entradas que xa se está repartindo.