Saltar ao contido

Área Central

O Nadal máis luminoso chega a Área Central

  • Eventos

Área Central comeza a súa campaña de Nadal este venres co acendido de miles de luces brancas que iluminarán as zonas interiores, a súa árbore de Nadal e as fachadas do edificio.

O inicio da campaña de Nadal coincide co Black Friday de Área Central. Os comercios ofrecen importantes descontos nas marcas de referencia dos seus establecementos.

Os establecementos comerciais de Área Central ofrecen aos seus clientes descontos moi interesantes con motivo do Black Friday en moda, calzado, complementos, beleza, produtos para os aparellos electrónicos… Podes consultalos aquí. Sen dúbida, os clientes teñen unha oportunidade única para adiantar as súas compras de Nadal.

Ademais, o parking de Área Central tamén se suma ao Black Friday. Deste xeito, mañá venres, de 17:00 a 20:00 horas, o parking será gratuíto.

Luces brancas e arte na entrada

O acendido da iluminación de Nadal producirase a partir das 17:00 horas. A partir de entón, o ambiente de Nadal encherá os corredores de Área Central de luminosidade e brillo. A árbore de 8 metros de altura, as cortinas e tiras de luz animarán as compras e o paseo por Área Central.

Ademais, a porta principal de Área Central tamén lle dará a benvida á xente cunha obra artística pintada a man nos seus cristais alusiva ao invierno e ao Nadal.