O Concello de Santiago apoia as actividades de dinamización comercial de Área Central. Por iso, achegará 35.000 euros a Área Central dentro dun convenio de colaboración. Este axudará a desenvolver actividades de dinamización comercial neste 2025.
O convenio ten por obxecto o desenvolvemento dun programa de dinamización comercial dirixido ao barrio de Fontiñas, en particular, e a toda a cidade, en xeral, durante este ano 2025.
A achega municipal, por un valor de 35.000 euros, permite financiar un conxunto de iniciativas postas en marcha polo centro comercial ao longo deste ano. Entre as actidades desenvolvidas destaca a animación de Reis Magos, a Feira de minerais e os eventos realizados arredor de festividades como o Día da nai, o Día do pai e o Entroido.
Podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non te queres perder nada de nada de Área Central, séguenos en Instagram e Facebook.
