A competición 3×3 Camiño de Santiago, organizada pola Federación Galega de Baloncesto, traerá a Área Central a decenas de deportistas á Praza de Europa este sábado 2 e o domingo 3 de setembro. Contámosche máis?
SÁBADO 2 DE SETEMBRO
Nesta xornada disputarase a competición 3×3 na Praza de Europa de Área Central. As categorías serán mixtas: por un lado, sénior e junior; e polo outro, cadete e infantil. Ademais, este día haberá premios para os equipos gañadores. Para este día está prevista a presencia duns 120 baloncestistas chegados de varios puntos de Galicia.
DOMINGO 3 DE SETEMBRO
O domingo día 3, tamén na Praza de Europa do noso centro comercial de Santiago, gozaremos dunha xornada non competitiva aberta para todas as categorías, dende preminibasket ata sénior. Este día está prevista a presencia duns 200 deportistas.
As inscricións para os dous días xa están pechadas. Podes achegarte a Área Central a desfrutar do ambiente deportivo e gozar como público do espectáculo do baloncesto.
Ala, xa tes plan para esta fin de semana!