Saltar ao contido

Área Central

NON TE PERDAS AS NOSAS NOVAS

NO MES DE OUTUBRO, TAMÉN HAI LUDOARTE EN ÁREA CENTRAL!

  • Eventos

E mentres ultimamos os detalles do noso 30 Aniversario, a ludoteca de Área Central xa fixou os días nos que serán cada unha das sesións deste mes.

Coa volta á rutina xa asentada, Ludoarte segue a organizar esta tempada para ofrecer á cativada obradoiros, receitas, xogos e aprendizaxe. Mentres ti desfrutas deste tempo de compras, os máis novos xogan e aprenden co noso monitorado. Anota ben os días no teu calendario para non esquecerte!

LUDOARTE, CADA SÁBADO EN ÁREA CENTRAL

O mes de outubro comeza con forza, e é que ademais de todas as actividades que haberá no noso centro comercial en Santiago como parte do noso aniversario, non faltarán as xa habituais sesións de Ludoarte:

  • Sábado 7 de outubro: Ludoarte na cociña da esquina vermella de Área Central para aprender novas receitas ós pequenos cociñeiros.
  • Sábados 14 e 28 de outubro: Ludoarte Creativos de Área Central, con xogos moi divertidos para fomentar a creatividade dos máis peques.

En canto ó horario, será o de sempre, de 18:00 a 20:00 horas no noso centro comercial de Santiago. Recordámosvos tamén que para garantir a vosa praza nas sesións deste mes  é moi recomendable facer a reserva a través deste ligazón. O mesmo día da sesión dispoñemos dalgunha praza libre para os que vos acheguedes sen cita.

E ollo, o sábado 21 de outubro, tamén haberá moitas actividades no noso espazo. Non vaiades pensar que temos suficiente con isto 😉. Xa sabedes, en outubro hai que celebrar connosco o noso aniversario e como non, da man do noso monitorado os máis pequenos estarán de marabilla. Agardámosvos a todos en Área Central!