NADAL EN AREA CENTRAL

NADAL EN AREA CENTRAL

Area Central inaugura este venres 29 a súa campaña de Nadal centrada no ocio e nas actividades para a familia, coa pista de xeo natural máis grande de Galicia xa inaugurada desde mediados de novembro e como actividade estrela.

Haberá un amplio programa de actividades familiares, campañas solidarias e servizos para os clientes. Estas accións complementarán a oferta comercial de Area Central, cuxos establecementos abrirán todos os domingos de decembro.

Este venres, ás 18:00 horas, Area Central procederá ao acendido da súa iluminación interior e exterior, as luces do seu árbore de Nadal e tamén dos sets de Nadal distribuidos polos corredores.
Tamén este venres dará comezo a campaña “Area Solidaria”, de recollida de produtos a favor da Cociña Económica de Santiago. A campaña fará especial fincapé na necesidade de determinados produtos, en concreto e a petición da Cociña Económica de Santiago.

A semana que vén chegará Papá Noel e comezará a funcionar o servizo de empaquetado de agasallos. A campaña de Nadal completarase con exhibicións de baile, o servizo de ludoteca, o diorama “O Nadal na cidade dos clicks” e en xanerio a visita dos Reis Magos.

ACTIVIDADES A DESTACAR:

  • Venres 29 de novembro as 18:00 hs. acendido da iluminación de Area Central
  • Campaña de recollida de produtos a favor da Cociña Económica de Santiago
  • Dende o mércores 4 de decembro ata o luns 23 de decembro visita de Papá Noel
  • Servizo de empaquetado de agasallos.
  • Exhibicións de baile, servizo de ludoteca, o diorama “O Nadal na cidade dos clicks”
  • Pista de xeo natural
  • Venres 20 de decembro Festival de Nadal da academia de baile Alfaia
  • Sábado 21 de decembro Espectáculo de baile do grupo Pasito de Baile
  • Visita dos Reis Magos

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies