Saltar ao contido

Área Central

Nadal de Área Central: moitas compras e solidariedade

  • Eventos

Área Central continúa celebrando estas datas con múltiples accións e elementos decorativos. Miles de luces brancas que iluminan as zonas interiores, a súa árbore de Nadal e as fachadas do edificio. O inicio das rebaixas e o Súper xoves, os últimos días da visita de Papá Noel, o mercado do Nadal do Concello de Santiago e o servizo de empaquetado de agasallos cun fin solidario pódense desfrutar estes días en Área Central.

O ambiente de Nadal enche os corredores de Área Central de luminosidade e brillo. A árbore de 8 metros de altura e as cortinas e tiras de luz animan as compras de Nadal. A porta principal de Área Central tamén lle dá a benvida aos visitantes que entran a pé cunha obra artística pintada a man nos seus cristais. Alusiva ao invierno e ao Nadal, a pintura creouna a artista @ninatokitoka. 

Os establecementos comerciais de Área Central tamén celebran o Nadal. ¿Como? Estes días xa ofrecen aos seus clientes ofertas de ata o 60% con motivo dos descontos de Nadal en sectores como moda, calzado, complementos,… Este xoves 26 de decembro Área Central dará comezo as súas rebaixas de inverno, que coinciden co Súper xoves, xornada especial de descontos extra que se celebra todos os últimos xoves de cada mes. Ademais, o parking de Área Central tamén se suma ao Súper xoves e é gratuíto este xoves de 17:00 a 20:00 horas.

Para facilitar as compras, a maioría dos establecementos de Área Central estarán abertos os vindeiros domingos 22 e 29 de decembro e 5 de xaneiro.

Papá Noel segue de visita en Área Central

Por outra banda, Papá Noel segue visitando Área Central todas as tardes. En horario de 17.30 a 20.30 horas, Papá Noel atende aos rapaces que desexan coñecelo e que queren transmitirlle persoalmente os seus desexos. Desde o pasado 5 de decembro, Papá Noel e o seu axudante xa atenderon a centos de familias e seguirán facéndoo ata o 23 de decembro.

Mercado de Nadal e servizo de empaquetado de agasallos

O Mercado de Nadal do Concello de Santiago comezará este venres 20 de decembro, no que haberá unha quincena de postos de artesanía. O horario será de 12.00 a 14.00 h. e de 16.30 a 21.00 h. A tarde do 24 e 31 estará pechado, ao igual que os días completos do 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Área Central facilita as compras aos seus clientes e estes días ten en marcha o seu servizo de empaquetado de agasallos de carácter solidario a favor da ONG Tierra de hombres. O servizo do empaquetado de agasallos do Outlet Área Central funciona nos seguintes horarios: os días 20, 21, 22, 23 de decembro e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro, de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h,; o 24 de decembro, de 11.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.00 h; e os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, de 17.30 a 20.30 horas.

Este servizo está operativo en Área Central durante a época de Nadal e nel o seu persoal prepara os agasallos axeitadamente para sorprender aos seus achegados nestas datas tan especiais. Área Central e a ONG Tierra de hombres animan a todos os clientes a que empreguen este servizo, ao mesmo tempo que fan unha aportación libre e voluntaria. Estes fondos destinaranse integramente a favor dos diferentes programas que ten en marcha Tierra de hombres.