Saltar ao contido

Área Central

“MÓVETE CONTRA O CANCRO DE MAMA” EN ÁREA CENTRAL

  • Eventos
“MÓVETE CONTRA O CANCRO DE MAMA” EN ÁREA CENTRAL

Cada 19 de outubro celébrase a nivel mundial o Día contra o cancro de mama, unha xornada que apela á concienciación e á importancia da investigación para mellorar o seu diagnóstico e o seu tratamento.

Con motivo do noso aniversario, en Área Central queremos aproveitar para sumarnos a unha boa causa. Polo tanto, este venres á tarde imos acoller un acto lúdico cun fondo solidario a favor da investigación desta enfermidade.

A partir das 18.00 horas na esquina amarela do noso espazo, os alumnos da Escola Pasito de Baile realizarán unha exhibición das coreografías aprendidas dende o que vai de curso ata as 19:00 horas.

E tras a súa intervención, ás 19:15 horas, as monitoras Ana M. Martínez, Eva del Río e Ainhoa Pérez impartirán unha masterclass de zumba aberta a todas as persoas que queiran achegarse. Así, poderedes pasar un intre divertido mentres que facedes exercicio.

Este evento estará arroupado por unha mesa na que se poderán depositar fondos que se empregarán integramente para a investigación contra o cancro de mama, aportando así o noso gran de area para colaborar na batalla contra esta enfermidade.

Animamos a todas as persoas que queiran acudir a que veñan a Área Central cunha camiseta rosa para movernos xuntos contra o cancro de mama nesta última fin de semana de actividades polo noso aniversario. Agardámosvos!

“MÓVETE CONTRA O CANCRO DE MAMA” EN ÁREA CENTRAL